Galicia recibe o premio á 'Rexión Emprendedora Europea 2025' pola aposta da Xunta a prol da xeración de riqueza e emprego para fixar poboación no rural

  • José González agradeceu o recoñecemento ao plan autonómico para desenvolver o potencial das catro provincias galegas con diversidade de actividades empresariais que aproveiten os recursos existentes e as posibilidades das novas tecnoloxías
  • Falou de ferramentas consolidadas como a Rede de polos de emprendemento que ten atendido máis de 2.000 proxectos e doutras iniciativas innovadoras de vertebración e cohesión do territorio para fixar poboación no rural
  • Enmarcou a Estratexia Galicia Rexión Emprendedora Europea 2025 no Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030 co que a Xunta busca afrontar o reto demográfico e o crecemento sustentable e verde, entre outros obxectivos
  • A etiqueta 'Rexión Emprendedora Europea', que recoñece as rexións da UE que presentan estratexias innovadoras de impulso do emprendemento, recaeu tamén hoxe na provincia croata de Krapina Zagorje e na rexión polaca de Mazovia

Bruxelas, 20 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, recolleu hoxe en Bruxelas o premio a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, que recoñece a aposta da Xunta por desenvolver o potencial das nosas catro provincias a través de actividades empresariais que contribúan a fixar poboación.

O acto celebrouse no marco da 161 sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións e alí o conselleiro destacou que se viu recoñecida a proposta O rural como espazo competitivo para emprender, que persegue visibilizar a Galicia non urbana como un territorio cheo de oportunidades, tanto para os residentes, como para os galegos retornados ou os moitos que elixen a nosa terra para establecerse.  

Durante a súa intervención, José González loou o empeño e a perseveranza dos "nosos emprendedores por xerar novas ideas que frutifiquen en negocios para que Galicia siga crecendo, evolucionando e prosperando". Para acompañar ese progreso, fixo fincapé en que o Goberno galego leva anos impulsando medidas como a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con 13 centros activos na actualidade que levan atendido máis de 2.000 iniciativas empresariais desde a súa posta en marcha hai case dous anos.

Así mesmo, mencionou outras iniciativas innovadoras de vertebración e cohesión do territorio nas que traballa o Goberno galego para fixar poboación no rural, atraer a traballadores de alta cualificación e impulsar novos negocios ligados ao territorio.

A Estratexia galega

Segundo resaltou o titular de Emprego, a Estratexia Galicia Rexión Emprendedora Europea 2025 enmárcase no Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030 da Xunta, que define unha folla de ruta específica para avanzar no reto demográfico, nunha Galicia verde e sustentable, na competitividade e o crecemento e na cohesión social e territorial.

En concreto, coa proposta que hoxe se ve recoñecida perséguese unha maior equidade territorial, o aumento das persoas emprendedoras na Galicia non urbana, a diversificación das actividades económicas que se desenvolven nesa contorna e o fortalecemento da colaboración cos axentes públicos e privados.

Por último, o conselleiro avogou por seguir traballando arreo para continuar sendo merecedores do recoñecemento como Rexión Emprendedora Europea 2025. Remarcando que é a primeira vez que Galicia é galardoada cun premio deste tipo, comprometeu o labor da Xunta para acompañar e apoiar "os nosos emprendedores e emprendedoras, axudándoos a navegar entre as tempestades e celebrando os seus acertos, porque o seu éxito será o de todos", concluíu.

O premio

A European Entrepreneurial Region -Rexión Emprendedora Europea- é unha iniciativa organizada polo Comité Europeo das Rexións (CDR) en asociación coa Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes da Comisión Europea (DG GROW) que identifica e recoñece as rexións da Unión Europea que presentan estratexias excelentes e innovadoras de impulso do emprendemento, independentemente das súas dimensións, riqueza e competencias.

Nesta ocasión, Galicia comparte o recoñecemento coa provincia croata de Krapina Zagorje e coa rexión polaca de Mazovia. Desde a creación da etiqueta REE -Rexión Emprendedora Europea- en 2010, o premio concedeuse a 39 rexións e cidades e a 17 Estados membros da UE. Esta etiqueta está apoiada por partes interesadas da UE como o SME United, Eurochambres, Social Economy Europe e EURADA, entre outras entidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278609 {"title":"Galicia recibe o premio á 'Rexión Emprendedora Europea 2025' pola aposta da Xunta a prol da xeración de riqueza e emprego para fixar poboación no rural","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"278609"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278609-galicia-recibe-premio-rexion-emprendedora-europea-2025-pola-aposta-da-xunta-prol-da-xeracion-riqueza-e-emprego-fixar-poboacion-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.