A Xunta avoga pola igualdade laboral co impulso da presenza feminina en sectores masculinizados

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no castelo de Soutomaior no VI Foro Empresarial de Empresarias de Galicia
  • Lembrou que a Administración autonómica convocará este ano axudas cun orzamento de 2,25 millóns de euros para contratar e formar unhas 300 mulleres en actividades económicas cunha alta presenza de homes

Soutomaior (Pontevedra), 20 de xuño de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, avogou hoxe por seguir impulsando medidas para acadar a igualdade laboral no VI Foro Empresarial organizado por Empresarias de Galicia que nesta edición celebrouse no castelo de Soutomaior.

Mariño destacou na súa intervención que é clave concienciar a toda a sociedade en xeral e tamén ao mundo da empresa para que saiban escoller ás persoas traballadoras en función das súas aptitudes e capacidades, deixando atrás calquera prexuízo de xénero.

Neste ámbito, lembrou que a Xunta traballa nun novo Plan de apoios para impulsar a presenza feminina en sectores masculinizados. É unha nova iniciativa que se porá en marcha este ano con 2,25 millóns de euros de orzamento para conceder apoios á formación e á contratación.  A previsión é que se poidan contratar e formar unhas 300 mulleres no conxunto do territorio galego con axudas por cada muller insertada no mercado laboral de 7.500 euros.

O obxectivo, en palabras de Mariño, é impulsar a presenza feminina en sectores económicos onde tradicionalmente predominan homes e tamén indicou a necesidade de concienciar sobre que as mulleres poden e deben escoller as súas profesións atendendo ás súas capacidades ou motivacións persoais, sen deixarse limitar por estereotipos nin por falsas crenzas que aínda hoxe se transmiten.

O Goberno galego busca  contribuír á eliminación da fenda salarial e quere reverter esta situación identificando e rachando con estereotipos sexistas asociados a determinadas profesións masculinizadas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278531 {"title":"A Xunta avoga pola igualdade laboral co impulso da presenza feminina en sectores masculinizados","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20240620+DXTAES+ForoEmpresarias.jpeg","id":"278531"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278531-xunta-avoga-pola-igualdade-laboral-co-impulso-da-presenza-feminina-sectores-masculinizados https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.