A Xunta participa na entrega de premios do programa Explorer da Universidade de Santiago de Compostela a prol do emprendemento

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu ao acto no marco do plan para persoas emprendedoras do eido universitario que apoia o Goberno galego ao abeiro dun convenio asinado coas tres universidades públicas
  • En total, a Xunta inviste 410.000 euros para que se leven a cabo iniciativas coma esta, así como feiras ou premios ao emprendemento

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde no acto de entrega de premios do programa Explorer da Universidade de Santiago de Compostela (USC), apoiado pola Xunta no marco dun convenio asinado coas tres universidades públicas galegas. En total, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina 410.000 euros para que se desenvolvan iniciativas coma a de hoxe ou para que se celebren -como novidade este ano- feiras e premios ao emprendemento.

A directora xeral puxo en valor os proxectos presentados esta tarde na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias. Tamén a formación recibida durante doce semanas polas persoas participantes neste programa dirixido ao emprendemento no eido universitario, nas que traballaron a validación das ideas de negocio e o desenvolvemento das habilidades necesarias para transformar iniciativas en solucións viables e sostibles.

Na súa intervención, Marta Mariño deu a benvida ao estudantado ao ecosistema emprendedor de Galicia, lembrando que a Xunta ten activos apoios como a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego con 13 centros abertos ata o momento ou a cota cero para novas altas de traballadores autónomos. Tamén -con prazo de solicitude vixente- o Bono remuda para sufragar cun orzamento total de 1,5 millóns de euros os gastos de transmisión que deben afrontar as persoas que decidan facerse cun negocio que vai pechar.

No referido á colaboración coa USC, sinalou que este ano se traducirá -como novidade- na realización de feiras de emprendemento e apoio ao emprego nos diferentes campus e na entrega de premios ao emprendemento universitario. En concreto, outorgaranse 20 galardóns ao emprendemento en cada universidade pública aos dous mellores traballos nas cinco áreas de coñecemento, divididos en dúas categorías: Traballo Fin de Mestrado/Traballo fin de Grao e Doutorado. A maiores, promoveranse actividades de mentoring, congresos específicos ou aceleradoras de proxectos.

A directora xeral tamén recordou que hoxe mesmo se asinou coa Universidade de Santiago un protocolo de actuación co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) para a creación do Laboratorio de Riscos Psicosociais co fin de avanzar na saúde psicosocial das persoas traballadoras nas empresas galegas e na promoción da saúde no traballo, abordando a saúde de xeito integral.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
277338 {"title":"A Xunta participa na entrega de premios do programa Explorer da Universidade de Santiago de Compostela a prol do emprendemento","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20240619_DXTAES+Explorer_1.jpg","id":"277338"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/277338-xunta-participa-na-entrega-premios-do-programa-explorer-da-universidade-santiago-compostela-prol-do-emprendemento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.