A Xunta financiará a reforma e ampliación da residencia de maiores do concello de Avión

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destinaranse 200.000 euros do Plan de Investimentos a mellorar o centro e consolidar a súa ampliación con 14 novas prazas

Avión (Ourense), 19 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia destinará 200.000 euros a financiar obras de mellora e ampliación na residencia de maiores de Avión, de titularidade municipal. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o centro acompañado do alcalde, Antonio Montero Fernández.

Esta actuación enmárcase no novo Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Executivo autonómico sufraga unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen dos concellos. Un plan acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e financiado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU).

No caso da residencia e vivenda comunitaria de Avión, a Xunta financiará o 100% do custo da actuación e será o Concello o que se encargue da súa licitación e contratación unha vez que se asine o convenio de colaboración entre ambas administracións. Esta intervención consolidará a ampliación do equipamento con 14 novas prazas. Ademais, entre outras melloras, acometeranse traballos de pintado, de renovación de pavimentos e falsos teitos, de reparación de elementos deteriorados e de filtracións puntuais, así como dotarase ao centro de novos vestiarios e baños adaptados.

 Impulso á rede de servizos locais

O xerente do Consorcio destacou o impulso histórico que supón o Plan de Investimentos, tanto na mellora de instalacións como na creación de 500 novas prazas de atención residencial e outras 150 de atención diúrna. Ao respecto, engadiu que este plan permitirá seguir reforzando a rede de servizos locais e de proximidade destinados ás persoas maiores.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276621 {"title":"A Xunta financiará a reforma e ampliación da residencia de maiores do concello de Avión","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20240619FotoConsorcioResidenciaAvion1.jpg","id":"276621"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276621-xunta-financiara-reforma-e-ampliacion-da-residencia-maiores-do-concello-avion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.