A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela crean o Laboratorio de Riscos Psicosociais para avanzar no benestar laboral

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o reitor da USC asinaron un protocolo de actuación para a posta en marcha deste espazo que ten como fin mellorar a saúde psicosocial das persoas traballadoras nas empresas galegas
  • Esta acción enmárcase na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia para preparar á Administración laboral e ao eido universitario desde unha óptica preventiva para unha adecuada xestión dos riscos psicosociais no ámbito laboral
  • José González destacou que con este tipo de accións Galicia fai fronte ao absentismo laboral, que incide na produtividade e competitividade das empresas e que o Goberno autonómico está a abordar con todos os axentes implicados para atopar solucións
  • O conselleiro defendeu a necesidade de traballar da man, Administración, traballadores, empresas e Universidades e centros de investigación e sinalou que o compromiso do Executivo galego coa saúde integral nos espazos de traballo é total

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, asinaron hoxe un protocolo de actuación entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e a USC para a creación do Laboratorio de Riscos Psicosociais co fin de avanzar na saúde psicosocial das persoas traballadoras nas empresas galegas e na promoción da saúde no traballo, abordando a saúde de xeito integral.

Esta acción enmárcase na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 do Goberno galego e nace da necesidade de preparar tanto á Administración laboral como ao propio eido universitario desde unha óptica preventiva para unha adecuada xestión dos riscos psicosociais que afectan ás persoas traballadoras, como o estrés, a violencia ou o desgaste profesional. 

Deste xeito, ademais de mellorar a sensibilización e asesoramento sobre a saúde psicosocial, engadiu José González, Galicia fai fronte ao absentismo laboral, un problema estrutural que incide na produtividade e competitividade das empresas e que o Goberno galego está a abordar dun xeito conxunto con todos os axentes implicados para atopar solucións.

Funcións do laboratorio

Con ese fin, a comunidade galega buscará co laboratorio aumentar o coñecemento dos riscos psicosociais, articular as medidas máis axeitadas para previlos e orientar ás empresas e ás persoas traballadoras, expuxo o conselleiro. Neste sentido, funcionará como espazo de ideas e xeración de coñecemento, traballo especializado na investigación, desenvolvemento e innovación sobre diferentes aspectos relativos á Prevención de Riscos Laborais.

Entre as súas funcións estará a de elaborar material técnico para acompañar ao tecido empresarial de Galicia en novas iniciativas que incidan na mellora das condicións de traballo e que axude ás empresas a afrontar de xeito adecuado novos modelos con riscos diferentes. Nel desenvolveranse, entre outras accións, proxectos de I+D+i, traballos e teses de doutoramento, iniciativas de sensibilización e campañas de saúde mental nas empresas. Todo isto ademais das campañas que desenvolve o Issga neste eido. 

Isto será posible grazas ao traballo do persoal do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC, que liderarán e coordinarán o equipo interdisciplinar deste laboratorio. O labor deste laboratorio difundirase na web e nas redes sociais do Issga. Ademais presentarase unha guía para avanzar na prevención e benestar laboral e difundirase material a través de campañas do Issga.

Traballo conxunto

Na sinatura, o conselleiro estivo acompañado pola xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, e nela tamén estivo o profesor de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC, Carlos Montes Piñeiro. Alí José González tamén defendeu a necesidade de traballar da man, Administración, traballadores, empresas e Universidades e centros de investigación e sinalou que o compromiso da Xunta coa saúde integral nos espazos de traballo é total. Como exemplo desta unidade salientou a elaboración e desenvolvemento da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo, da que parte a creación do Laboratorio de riscos psicosociais e que contou e conta coa participación do persoal empresario e traballador.

Con esta ferramenta, lembrou o conselleiro, o Goberno galego defende a creación dunha rede de alianzas para traballar en conxunto, compartindo coñecementos, recursos e boas prácticas co fin de protexer a saúde e seguridade dos nosos traballadores e fomentar unha cultura preventiva en Galicia.

Vixencia

O protocolo entre Issga e USC asinado hoxe estará vixente ata o 31 de decembro de 2027 coincidindo coa vixencia da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. Para velar pola correcta coordinación das partes e das actuacións, crearase unha comisión de seguimento que estará formada por dous membros nomeados por cada unha das partes e reunirase cando se convoque por algunha delas, como mínimo, unha vez ao ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276555 {"title":"A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela crean o Laboratorio de Riscos Psicosociais para avanzar no benestar laboral","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/240619+sinatura+convenio+issga+e+usc+1.jpg","id":"276555"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276555-xunta-e-universidade-santiago-compostela-crean-laboratorio-riscos-psicosociais-avanzar-benestar-laboral https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.