A Xunta pon en valor a aposta da X 'Maker Faire Galicia' polo emprendemento e pola innovación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, participaron hoxe na presentación do evento en Santiago de Compostela
  • O Goberno galego apoia o evento que neste 2024 se distribuirá en distintas xornadas ao longo do ano: unha sobre emprendemento e innovación social, outra sobre oficios na que se porá de relevo a artesanía e unha terceira sobre industria

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, participaron hoxe en Santiago de Compostela na presentación da X Maker Faire Galicia, poñendo de relevo que este ano a cita se vai a desenvolver en tres xornadas diferentes ao longo do ano onde se porá de relevo a importancia da innovación dentro do emprendemento. 

Así, o secretario xeral referiuse en especial á xornada que terá lugar o próximo 29 de xuño, centrada na innovación social e no emprendemento, con relatorios, obradoiros e presentacións de case medio cento de proxectos. Tamén á que se celebrará o 8 de novembro coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia para abordar a innovación na artesanía e nos oficios, promovendo a aprendizaxe interxeracional e destacando a importancia de preservar o coñecemento.  

Na súa intervención, Pablo Fernandez destacou apoios da Xunta como a Rede de polos de emprendemento que conta con 13 centros activos na actualidade e que presta asesoramento continuado e gratuíto ás persoas emprendedoras en calquera fase na que se atope o seu proxecto, de principio a fin. Así, o persoal técnico desa Rede, segundo sinalou, encárgase de orientar á hora de emprender ou de afrontar cambios nos negocios, apostando pola innovación para asegurar o éxito das iniciativas. 

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais aludiu, dentro desa Rede de polos, ao Plan remuda que busca garantir a continuidade das empresas no seo do tecido produtivo galego, e no marco do que se vén de habilitar unha orde de axudas que persegue impulsar os procesos de remuda xeracional. Así, ata o 30 de outubro poden solicitarse achegas por un orzamento total de 1,5 millóns de euros destinadas a financiar parte dos gastos aboados en concepto de traspaso polas persoas que se fagan cargo dos negocios, facilitando a actividade.    

Pola súa banda, a directora do Igape, Covadonga Toca, destacou a importancia de potenciar as condicións axeitadas para que o tecido produtivo galego poida e saiba combinar talento e emprendemento con innovación aberta, así como facer da creatividade e o talento pancas do desenvolvemento industrial e económico de Galicia.

Na súa intervención, a directora sinalou que na xornada da industria, prevista para finais de ano, unha vez máis, arredor dun espazo de relatorios e doutro de exposición de proxectos, "achegarémonos ao principal obxectivo desta feira que é visibilizar ata onde nos pode levar a innovación e o talento".

Por último, a directora tamén destacou a posta en marcha este ano da Oficina Económica de Galicia, unha canle única para a entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento. Esta Oficina, explicou,  é unha nova variante dentro da batería de medidas de apoio ás empresas e emprendedores, que buscan dar un salto en innovación tecnolóxica e mellorar a competitividade empresarial no cambiante escenario actual.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274497 {"title":"A Xunta pon en valor a aposta da X 'Maker Faire Galicia' polo emprendemento e pola innovación","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618_+XMakerFaireGalicia_1.JPG","id":"274497"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274497-xunta-pon-valor-aposta-da-x-maker-faire-galicia-polo-emprendemento-e-pola-innovacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.