Belén do Campo visita o centro ocupacional Pascual Veiga e reitera o apoio da Xunta para garantir a integración laboral das persoas con discapacidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A asociación conta con 22 prazas concertadas que son homes e mulleres adultos, maiores de 18 anos, que precisan apoio e recursos humanos e materiais específicos para conseguir o seu desenvolvemento persoal, social e laboral

A Coruña, 18 de xuño de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá o centro ocupacional Pascual Veiga, unha entidade sen ánimo de lucro que se constituíu no ano 1991 por pais e nais de persoas con discapacidade intelectual. Este centro traballa para formar a persoas con discapacidade intelectual, maiores de 18 anos, para que adquiran as destrezas e habilidades que lles posibiliten a súa integración laboral e social. Para iso, esta entidade conta con varios programas formativos que están deseñados para a consecución de distintos obxectivos: elevar a competencia profesional, inculcar bos hábitos e condutas básicas que se poñen en xogo no desempeño de calquera traballo e fomentar a asertividade, etc. Estes programas aplícanse no Taller Formativo de Estarcido e Estampaxe Textil, no Taller Formativo de Encadernación e Papelería e o Servizo de Terapia Ocupacional.

Pascual Veiga dispón de 26 prazas autorizadas das cales 22 son concertadas polo que perciben da Xunta de Galicia 195.000 euros anuais. A representante do Goberno autonómico destacou que ata o 2023 percibían 121.000 euros para estas prazas pero, coa entrada en vigor do novo Concerto Social de Discapacidade o pasado 1 de marzo, reciben 74.000 euros máis, o que lles permite exercer o seu labor dunha forma máis eficiente.

A delegada da Xunta agradeceu á directiva e aos traballadores o labor que desenrolan e sinalou que "A Xunta a través da Consellería de Política Social está a realizar un importante esforzo para ofrecer alternativas reais a persoas que so a través da integración laboral conseguen unha integración real na sociedade". Ademais destacou que "un dos piares neste ámbito é o apoio aos familiares para que poidan afrontar da mellor maneira posible as súas necesidades". Para logralo puxo como exemplo o papel que xogan entidades como Pascual Veiga que xa forman parte da identidade desta cidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274496 {"title":"Belén do Campo visita o centro ocupacional Pascual Veiga e reitera o apoio da Xunta para garantir a integración laboral das persoas con discapacidade","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/1.jpg","id":"274496"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274496-belen-do-campo-visita-centro-ocupacional-pascual-veiga-e-reitera-apoio-da-xunta-garantir-integracion-laboral-das-persoas-discapacidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.