A Xunta lembra que ata o día 24 se poden solicitar as axudas que con 2,25 M€ buscan impulsar a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, participou este mediodía na presentación da campaña 'Eu merco nas Travesas' do Centro Comercial Aberto As Travesas (Aetravi) 
  • Alí destacou que o próximo luns 24 de xuño é o último día para solicitar as achegas que o ano pasado chegaron a 51 asociacións de centros comerciais abertos  
  • Esta convocatoria complementarase con outra nova -no segundo semestre do ano- para financiar iniciativas dinamizadoras dos centros comerciais abertos, co obxectivo de reforzar este sector, garantir a súa remuda e xerar puntos de atracción comercial

Vigo, 18 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mediodía na presentación da campaña Eu merco nas Travesas do Centro Comercial Aberto As Travesas (Aetravi). Aproveitando a próxima celebración deste evento que busca dinamizar as compras nesta contorna viguesa, recordou que ata o próximo luns día 24 aínda se poden solicitar as axudas que cun importe de 2,25 millóns de euros buscan impulsar a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos da Comunidade.

Enmarcadas no compromiso coa revitalización do comercio local como elemento esencial do desenvolvemento económico e social, o director xeral salientou que as axudas queren avanzar na redefinición dos centros comerciais abertos cun enfoque de oferta integradora que contemple tanto os aspectos comerciais, de servizos e lecer, como elementos urbanísticos que axuden a construír unha cidade ou vila máis amable.

Así, recordou que as achegas máximas desta convocatoria poderán alcanzar os 52.000 euros e destinarse a actuacións de dinamización comercial, fidelización de clientela, dixitalización ou para o mantemento da unidade xerencial. Grazas á aportación autonómica da Xunta, os beneficiarios teñen a oportunidade de financiar gastos derivados de campañas de dinamización, feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial. Tamén descontos de aparcamentos vencellados coas vendas, envíos en liña, mantemento de marketplaces, ou de desenvolvemento de apps de fidelización.

Estas axudas teñen como potenciais beneficiarias asociacións de comerciantes de carácter territorial e sen ánimo de lucro que, legalmente constituídas, desenvolvan proxectos de interese para revitalizar a actividade comercial nas súas localidades. Tanto no caso das sete grandes cidades como do resto dos concellos, estes centros deben contar cunha xestión profesionalizada, delimitación territorial definida, diversidade de oferta comercial e, como mínimo, representar 50 negocios retallistas.

Co foco posto en Vigo, Gabriel Alén fixo fincapé en que a convocatoria deste 2024 ofrecerá un tratamento diferenciado aos centros situados nas sete grandes cidades de Galicia e aos do resto de concellos. Búscase así dar unha mellor resposta ás necesidades de cada un dos dous grupos, buscando o fortalecemento da oferta destas entidades comerciais para que sexan foco referente de atracción económica.

O director xeral de Comercio e Consumo engadiu que esta convocatoria -que o ano pasado chegou a 51 asociacións de centros comerciais abertos- complementarase, por primeira vez, con outra que se lanzará no segundo semestre do ano para financiar proxectores tractores de dinamización destas entidades que favorezan a innovación e a competitividade do comercio local.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274490 {"title":"A Xunta lembra que ata o día 24 se poden solicitar as axudas que con 2,25 M€ buscan impulsar a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618+Merco+travesas+1.jpg","id":"274490"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274490-xunta-lembra-ata-dia-24-se-poden-solicitar-as-axudas-2-25-m-buscan-impulsar-innovacion-e-dinamizacion-dos-centros-comerciais-abertos-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.