Xunta e Aje Ferrol impulsan o emprendemento cunha xornada para intercambiar experiencias e explorar novas posibilidades de negocio na contorna

Imagen del artículo Xunta e Aje Ferrol impulsan o emprendemento cunha xornada para intercambiar experiencias e explorar novas posibilidades de negocio na contorna

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe o foro 'Transformando ideas en realidades: a experiencia emprendedora de Luis G. Rey' organizado por AJE Ferrol co apoio do Goberno galego
  • Enmarcada na axenda da Rede de polos que ten 13 centros activos na Comunidade, a acción serviu para que diferentes perfís profesionais compartiran as súas experiencias explorando novas posibilidades nos seus proxectos empresariais
  • A actuación tamén forma parte do convenio de colaboración asinado entre Aje Galicia e a Xunta para, entre outros, fomentar a formación específica co reto de impulsar o emprendemento e a dinamización do rural
  • Mariño pon en valor a Rede de polos de emprendemento e de apoio ao emprego e destaca que no centro de Ferrol xa se atenderon 327 proxectos

Ferrol, 18 de xuño de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe en Ferrol o foro Transformando ideas en realidades: a experiencia emprendedora de Luis G. Rey, xerente da empresa de reparación de equipos tecnoloxicos Error Ferrol, unha xornada que organizou a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol (Aje Ferrol) e forma parte da axenda da Rede de polos que ten 13 centros activos na Comunidade, un na cidade ferrolá.

A acción serviu para que diferentes perfís profesionais compartiran as súas experiencias explorando novas posibilidades nos seus negocios. Ademais de incluírse na axenda de actividades da Rede, a actividade de hoxe tamén forma parte do convenio de colaboración asinado pola Xunta e AJE Galicia para colaborar na impartición de formación específica para o fomento do emprendemento e a dinamización do rural, actividades de networking e a organización de congresos.

Esta actuación tamén inclúe a posta en marcha de medidas de asesoramento e de titorización para a creación de empresas, tamén ao abeiro da Rede de polos que conta con 13 centros activos no conxunto do territorio, tres deles na provincia da Coruña (Ferrol, Coristanco e Melide).  

O de Ferrol leva un total de 327 proxectos atendidos, dos que predominan por sectores o comercio (21%) seguido do sector servizos (19%) e da hostalaría (11%). Ademais, o 64% das persoas emprendedoras atendidas son mulleres. En canto ás actividades realizadas polo centro ferrolá, destacan as 35 reunións con entidades do territorio, 14 accións de formación e 16 eventos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274487 {"title":"Xunta e Aje Ferrol impulsan o emprendemento cunha xornada para intercambiar experiencias e explorar novas posibilidades de negocio na contorna","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618+DXTAES+Ferrol1.jpeg","id":"274487"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274487-xunta-e-aje-ferrol-impulsan-emprendemento-cunha-xornada-intercambiar-experiencias-e-explorar-novas-posibilidades-negocio-na-contorna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.