A Xunta pon o foco no impulso e apoio ao emprego innovador a través do cooperativismo en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González, quen estivo acompañado na visita do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, destacou que apostar polo emprego innovador na economía social é avogar pola economía do futuro
  • Puxo en valor a importancia do proceso de escoita activa cos axentes da economía social para o deseño da nova Lei de cooperativas
  • Salientou que para o Goberno autonómico é un reto xerar emprego, máis traballo na economía social e que cada vez sexa máis innovador e no que a mocidade e as mulleres teñan maior presenza

Cambre (A Coruña), 14 de xuño de 2024.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou hoxe que para a Xunta de Galicia é un reto impulsar e apoiar o emprego innovador a través do cooperativismo. Nunha visita que realizou en Cambre ao centro loxístico do Grupo Las Rías, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández e da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o titular de Emprego incidiu na importancia que para o Goberno galego é apoiar a xeración de emprego en Galicia, creando máis traballo na economía social e que este sexa cada vez máis innovador e no que a mocidade e as mulleres teñan maior presenza.

En palabras de González, a Administración autonómica cree nos modelos que defenden a cooperación, como é o cooperativismo, para mellorar os seus beneficios, e nos que apostan pola innovación e por valores sociais e medioambientais para continuar xerando riqueza no territorio e fixar poboación.

Referido tamén ao ámbito do cooperativismo, puxo en valor, na visita ao centro que celebra este ano o seu 50 aniversario, o traballo innovador que realiza a cooperativa do Grupo Las Rías en Cambre, a través do seu centro loxístico automatizado, e  sinalou que a Xunta está a deseñar unha nova Lei de cooperativas da man dos axentes implicados. De feito, o conselleiro apuntou que se está a reforzar e potenciar o proceso de escoita activa para elaborar esta nova normativa que se quere actualizar, xa que data do ano 1998, adaptándoa ao novo contexto socioeconómico.

O diálogo -apuntou González- sempre é frutífero e, de feito, lembrou que serviu para elaborar a segunda Estratexia da economía social  que se está a executar na actualidade coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.

É unha planificación con horizonte 2027 con máis de 174 millóns de euros presupostados para seguir atraendo talento a Galicia e seguir mellorando a competitividade do noso tecido empresarial.

Por último, apuntou ao modelo de éxito das cooperativas en Galicia, que resistiu nas últimas crises e na pandemia e que, ademais, continúa medrando cunhas 138 novas cooperativas a peche de 2023, compostas por 434 persoas socias promotoras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274380 {"title":"A Xunta pon o foco no impulso e apoio ao emprego innovador a través do cooperativismo en Galicia","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20240618+ConselleiroCambre.jpg","id":"274380"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274380-xunta-pon-foco-impulso-e-apoio-ao-emprego-innovador-traves-do-cooperativismo-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.