A Xunta informa aos veciños de Infesta da adxudicación da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na AC-542 ao seu paso por Betanzos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Con esta actuación a Xunta dá resposta as necesidades de seguridade e accesibilidade neste tramo autonómico
  • A Xunta tamén iniciará nunhas semanas as obras de mellora do firme, por máis de 2 millóns de euros, en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincial, incluída a AC-542 no tramo de Betanzos desde o pq 0+000 ata o pq 5+100 

Betanzos (A Coruña), 17 de xuño de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora territorial da Coruña da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, informaron aos veciños de Infesta de que a Xunta adxudicou, o pasado mes de maio, a redacción do proxecto de mellora da seguridade e accesibilidade peonil na AC-542 ao seu paso por Betanzos para dar reposta ás demandas deste colectivo. A representante do Goberno autonómico subliñou que a actuación comprende a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade no treito entre o pq 0+000 (intersección coa AC-840) e o pq  2+400 (enlace coa A-6).

O proxecto contempla a habilitación dun itinerario peonil continuo e accesible no treito, cando menos nunha das súas marxes, que cumpra as esixencias para ser considerado adaptado segundo a normativa de aplicación coa execución de beirarrúas que cumpran coas dimensións esixidas na normativa de accesibilidade, naqueles treitos nos que non existan. Ademais, ampliaranse ou reformaranse as beirarrúas naqueles treitos nos que as súas dimensións non cumpran co esixido na normativa de accesibilidade e renovaranse naqueles treitos nos que se atopen nun estado de conservación deficiente.

A actuación deste itinerario, subliñou a delegada, tamén contempla a ampliación do paso superior sobre a vía férrea existente no pq 1+980, para dar cabida ao antedito itinerario peonil e a reordenación da sección transversal da AC-542, naqueles treitos nos que o carril central se atopa actualmente cebreado, para permitir a ampliación das beirarrúas sen diminuír o ancho dos carrís nin das beiravías.

Belén do Campo apuntou que a obra deste tramo peonil tamén dará resposta a outras das demandas veciñais como a substitución de vados completos por rebaixes de beirarrúa, nos accesos a fincas privadas, a incorporación de elementos para disuadir aos vehículos automóbiles de invadir as beirarrúas ou estacionar nelas, a instalación de varandas de protección nos puntos en que exista desnivel entre a beirarrúa e os predios lindeiros, a mellora da iluminación no paso baixo da estrada N-VI e o reforzo da sinalización dos pasos de peóns existentes.

A delegada da Xunta sinalou que o proxecto tamén atenderá outras demandas dos veciños destes núcleos como a reordenación da intersección existente cos ramais do enlace coa N-VI entre os pq 0+280 e 0+330, na marxe esquerda da AC-542, a habilitación dun cambio de sentido, con carril central de espera, nos pq 0+860 a 0+910, o despexe e desmonte no marxe esquerdo da curva existente entre os pq. 0+670 e 0+770, para mellorar a visibilidade do acceso existente no pq 0+670 e aproveitando esta actuación, estudarase tamén a posibilidade de reordenar e mellorar o antedito acceso.

Finalmente, Belén do Campo referiuse tamén a outras obras, previstas no proxecto como  o acondicionamento do cambio de sentido existente no P.K. 1+650, marxe dereito, para mellorar a súa configuración física e a súa sinalización, ao tempo que se lle da continuidade aos itinerarios peonís e a colocación de refuxios do transporte público, e adaptación dos existentes, para situalos sobre as beirarrúas.

A representante do Goberno autonómico destacou que dada a relevancia desta actuación será necesario levar a cabo expropiacións, polo unha vez redactado o proxecto será sometido a información pública, algo que se fará ao longo deste ano 2024. Neste senso, apuntou que "daremos resposta ás necesidades de mellora da seguridade viaria e accesibilidade neste tramo no menor posible".

Mellora do firme

A Xunta tamén iniciará nunhas semanas as obras de mellora do firme, por máis de 2 millóns de euros, en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia, incluída a AC-542 no tramo de Betanzos desde o pq 0+000 ata o pq 5+100. Concretamente melloraranse as características funcionais en varios treitos dos concellos de Betanzos, Abegondo,  Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre e Sobrado. 

A mellora do firme na AC-542, ao seu paso polo concello de Betanzos no pq 0+000 ata o pq 5+100, que afectan directamente a estes mesmos núcleos, consistirá na rehabilitación localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade. 

Tamén se realizarán melloras na drenaxe, na sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria, destinando neste exercicio 53M€ á súa conservación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272400 {"title":"A Xunta informa aos veciños de Infesta da adxudicación da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na AC-542 ao seu paso por Betanzos","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/20240617_docampo_betanzos_005.jpg","id":"272400"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272400-xunta-informa-aos-vecinos-infesta-da-adxudicacion-da-redaccion-do-proxecto-mellora-da-seguridade-viaria-na-ac-542-ao-seu-paso-betanzos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.