José González avalía coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais a importancia de reforzar a difusión e visibilización do traballo destas entidades

Imagen del artículo José González avalía coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais a importancia de reforzar a difusión e visibilización do traballo destas entidades

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Emprego compartiu co máximo representante do colectivo en Galicia que é clave trasladar as vantaxes que ofrecen dentro da economía social 
  • As sociedades laborais están a medrar na comunidade autónoma cun crecemento de máis do 2% a peche de 2023 con respecto ao ano anterior
  • A Xunta está a executar a segunda Estratexia de Economía Social, con horizonte 2027, coa que o Goberno galego aspira, cun orzamento de case 170 millóns de euros, a atraer talento, mellorar a competitividade e o crecemento en sectores emerxentes

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, mantivo unha xuntanza co presidente da Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), Eduardo J. Salido, no proceso de escoita activa que o representante do Goberno galego iniciou no mes de maio cos principais axentes económicos e sociais de Galicia.

No encontro abordouse a importancia de difundir este modelo da economía social que está a medrar en Galicia cun crecemento do 2,26% a peche de 2023 con respecto ao ano anterior. Na actualidade hai rexistradas preto de 1.460 sociedades laborais na comunidade. González compartiu que é clave trasladar á sociedade en xeral as vantaxes que ofrecen estas entidades dentro da economía social e apostou por reforzar a difusión do traballo que fan, visibilizar, en definitiva, o seu labor. 

Neste sentido, o titular de Emprego, Comercio e Economía Social, ademais, puxo en valor na reunión a importancia da economía social para Galicia, así como os programas e as ferramentas que está a poñer en marcha a Xunta para que este modelo siga crecendo na comunidade autónoma. 

Así, recordou que nestes intres se está a executar a segunda Estratexia de Economía Social, co horizonte 2027, coa que o Goberno galego aspira, cun orzamento de case 170 millóns de euros, a xerar máis economía social, atraendo talento, mellorando a competitividade e o crecemento en sectores emerxentes. No marco desta planificación prevese a creación de 400 novas entidades e a xeración de 4.000 empregos, posicionando este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.

O departamento autonómico está a investir este ano máis de 43,6 millóns de euros na economía social, un orzamento que creceu nun 3% con respecto a 2023 e que se artella en tres grandes eixos de actuación: a difusión da economía social, a creación e consolidación de iniciativas e a promoción do emprego inclusivo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
268586 {"title":"José González avalía coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais a importancia de reforzar a difusión e visibilización do traballo destas entidades","published_date":"2024-06-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/20240616+Emprego+aesgal.jpg","id":"268586"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-16/268586-jose-gonzalez-avalia-coa-agrupacion-empresarial-sociedades-laborais-importancia-reforzar-difusion-e-visibilizacion-do-traballo-destas-entidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.