A Xunta entrega os diplomas aos profesionais do ocio nocturno que completaron o curso para actuar ante violencias sexuais e contra as persoas LGTBI

  • Desde este mes de xuño, o programa de estudo para obter o título de Controlador de accesos inclúe o contido formativo do protocolo de actuacións contra as violencias sexuais e lgtbifóbicas

A Coruña, 16 de xuño de 2024

O director xeral para a Loita Contra a Violencia de Xénero, Roberno Barba,  entregou onte os diplomas a profesionais que completaron con éxito o curso formativo para prever e actuar ante situacións de violencia sexuais e contra as persoas LGTBI. Coa entrega deste documento, todas aquelas persoas que o reciban non terán que volver realizar o correspondente curso cando modifiquen o seu lugar de traballo ou cambien de empresa.

O director xeral explicou que desde este mes de xuño o programa de estudo para obter o título de Controlador de accesos inclúe, de forma obrigatoria, o contido formativo recollido no protocolo de actuación contra as violencias sexuais e lgtbifóbicas nos espazos de lecer nocturno elaborado pola Xunta de Galicia. 

Así mesmo, Roberto Barba destacou a boa acollida que este protocolo tivo entre o sector do ocio nocturno e que ten por obxecto establecer unhas pautas e unha guía de actuación no caso de ocorrer unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI no interior dun local.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
268269 {"title":"A Xunta entrega os diplomas aos profesionais do ocio nocturno que completaron o curso para actuar ante violencias sexuais e contra as persoas LGTBI","published_date":"2024-06-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"268269"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-16/268269-xunta-entrega-os-diplomas-aos-profesionais-do-ocio-nocturno-completaron-curso-actuar-violencias-sexuais-e-as-persoas-lgtbi https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.