José González pon en valor o termalismo como elemento dinamizador do rural e xerador de emprego

  • Defendeu a necesidade de coidar e impulsar o termalismo como motor económico e remarcou que a Xunta leva anos traballando neste eido para potenciar este sector
  • Sinalou que Galicia é o principal destino termal de España e unha das rexións europeas con maior riqueza neste ámbito ao superar os 300 mananciais
  • Apelou á colaboración público-privada para xerar novas oportunidades con outras actividades económicas co fin de promover o emprendemento e que Galicia progrese nun mercado laboral e inclusivo, cun crecemento económico intelixente

Guitiriz (Lugo), 15 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na clausura do XVII Encontro de Vilas Termais, celebrado en Guitiriz, e alí puxo en valor o termalismo como actividade dinamizadora do rural, que axuda a fixar poboación e a xerar emprego de calidade e destacou o traballo da Xunta para potencialo. Neste sentido, sinalou que Galicia é o principal destino termal de España e unha das rexións europeas con maior riqueza neste ámbito pois supera os 300 mananciais.

De aí, expuxo o conselleiro, a necesidade de coidar e impulsar o termalismo como motor económico, unha tarefa na que o Goberno galego leva anos traballando. Faino, engadiu, con accións como o apoio a experiencias turísticas termais, plans de turismo neste eido e co impulso de eventos de promoción como a feira Termatalia ou a colaboración na recuperación de balnearios. 

Ademais, José González manifestou que esta actividade aúna tradición e modernidade e é un exemplo do que ofrece o rural galego. Nesta liña, fixo fincapé no seu valor para enfrontarse ao reto demográfico e xerar novas oportunidades con outras actividades económicas que medren ao seu carón. Un aspecto no que é clave a colaboración público-privada co fin de promover o emprendemento e de que Galicia progrese nun mercado laboral e inclusivo, cun crecemento económico intelixente, indicou. 

Neste ámbito, puxo o Encontro de Vilas Termais como exemplo de unidade a prol do desenvolvemento das comunidades locais e ao balbeario de Guitiriz como mostra de emprendemento con actividades ben arraigadas ao territorio. A maiores, agradeceu á organización desta cita e ás persoas asistentes o seu traballo e a súa contribución a unha Galicia máis próspera e sostible. 

Encontro de Vilas Termais 2024

O Encontro de Vilas Termais é unha cita organizada pola Sección de Entidades Locais con Augas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Este ano celebrouse en Guitiriz, onde reuniu a representantes locais de municipios termais e a outros profesionais do sector para establecer liñas de traballo de cara a próximos meses potenciando e dinamizando a marca Villas Termales e as experiencias dispoñibles nestas entidades locais. Ademais, hoxe a Sección de Vilas Termais celebrou a súa asemblea constitutiva. Durante este foro, abordáronse cuestións como modelos de xestión das vilas termais, retos internacionais deste sector, a dixitalización no turismo termal e a colaboración público-privada neste sector.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
267823 {"title":"José González pon en valor o termalismo como elemento dinamizador do rural e xerador de emprego","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"267823"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-15/267823-jose-gonzalez-pon-valor-termalismo-como-elemento-dinamizador-do-rural-e-xerador-emprego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.