A Xunta abrirá o vindeiro martes o prazo para solicitar estadías no programa Benestar en Balnearios

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a nova convocatoria que contará con máis de 1.230 prazas en 15 establecementos de toda a Comunidade
  • Como novidade, este ano ofertaranse tamén estadías durante o verán, de maneira que os maiores poderán contar con oferta de xullo a decembro

Vila de Cruces (Pontevedra), 15 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, presentou esta mañá a décima edición do programa Benestar en Balnearios, que ofrece estadías en 15 establecementos da nosa Comunidade para persoas maiores de 60 anos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o luns esta nova convocatoria, de maneira que o prazo para presentar as solicitudes abrirá o vindeiro martes e permanecerá aberto durante un mes. 

A conselleira explicou que o Goberno galego continúa a mellorar esta iniciativa tan valorada polas persoas maiores, ao permitirlles manter unha vida activa e coidarse a elas mesmas. Por iso, este ano increméntanse as prazas ofertadas ata superar as 1.230 e tamén se aumentan as quendas aos meses de verán, de maneira que aquelas persoas que así o desexen poidan desfrutar deste programa desde o mes de xullo a decembro. 

Fabiola García recordou que a Xunta procura dar resposta ás novas necesidades e preferencias das persoas maiores que desexan vivir unha xubilación chea de actividades. Neste sentido, sinalou que o Goberno galego conta con aulas sénior e con convenios coas tres universidades para aquelas persoas que queiran seguirse formando; e tamén se impulsou este ano o Carné +65, que permite ofrecer descontos, vantaxes e viaxes para desfrutar desta nova etapa. 

Programa Benestar en Balnearios

O programa Benestar en Balnearios está destinado a persoas maiores de 60 anos. Ofértanse estadías de 10 días en réxime de pensións completa en 15 establecementos de toda a Comunidade. O Goberno galego destina a esta convocatoria un 9% máis que na pasada edición, isto é, un orzamento de 300.000 euros. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
267806 {"title":"A Xunta abrirá o vindeiro martes o prazo para solicitar estadías no programa Benestar en Balnearios","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"267806"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-15/267806-xunta-abrira-vindeiro-martes-prazo-solicitar-estadias-programa-benestar-balnearios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.