A conselleira de Economía e Industria subliña a aposta pola innovación da empresa lucense Madeiras Goiriz
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Castro de Rei (Lugo), 14 de xuño de 2024
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou esta tarde a Maderas Goiriz como exemplo de empresa que aposta pola innovación baixo criterios de sustentabilidade e racionalidade.
"Unha empresa familiar comprometida coa xeración de emprego e de riqueza no rural galego e que vai xa pola súa cuarta xeración", apuntou a titular de Economía e Industria logo dun encontro con responsables da firma lucense ao tempo que lembrou que se trata dunha empresa que abrangue a primeira e segunda transformación e que toda a madeira que empregan é cen por cen galega.
Lorenzana aproveitou para poñer en valor o apoio do Goberno da Xunta ao tecido industrial galego ligado á madeira, con diferentes liñas de axudas ao sector e que este ano xa acadan os 10M€.