A Xunta abre un espazo de conciliación e igualdade durante o campionato Gadis Longboard Festival, proba oficial da Liga mundial de surf profesional

  • Está dirixido á rapaza de 4 a 16 anos de idade, que poderá participar en obradoiros ambientais, xogos cooperativos e bautismos de surf

Ferrol, 14 de xuño de 2024

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, destacou hoxe que o campionato Gadis Longboard Festival, proba oficial da Liga Mundial de Surf Profesional (WSL) que se disputa esta fin de semana na praia da Fragata, conta cun espazo de conciliación e igualdade para concienciar no deporte inclusivo, igualitario e respectuoso coa contorna natural a nenas, nenos e adolescentes. Desde este espazo, situado na pequena cidade do surf das Cabazas-Cobas, organizaranse obradoiros de reciclaxe ambiental, limpeza de cabichas nos areais, patinaxe e bautismos de surf.

"Crear espazos de conciliación coma este, baseados na educación en igualdade, na concienciación e no deporte activo, son claves para que as novas xeracións crezan cos valores da igualdade e da riqueza da diversidade, e que sexan conscientes de que todas e todos somos iguais", destacou María Quintiana durante o acto de presentación deste campionato de surf, no que estivo acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros. Ademais salientou que a Xunta de Galicia leva moitos anos colaborando con concellos, entidades de iniciativa social, ANPAS, nos eidos cultural e deportivo, entre outros, para que cada vez sexan máis as actividades de conciliación que se lle ofrezan ás familias galegas.

O espazo de conciliación ponse en servizo a través do Plan Corresponsables e está dirixido para rapazada de entre os 4 e os 16 anos de idade. Ademais, será de balde os días de competición, de venres a domingo en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas e non é necesaria inscrición previa para desfrutar deste recurso de conciliación. As familias só deberán anotar aos nenos e nenas, proporcionar información de contacto e seguir as instrucións dos monitores.

A rapazada que se anote neste espazo desfrutará da competición en primeira fila, aprenderá a deslizarse pola pista skate, participará dos obradoiros ambientais, xogos cooperativos e de bautismos de surf para iniciarse na práctica desta disciplina.

Espazos de conciliación en todas as competicións

A proba que se disputa estes días en Ferrol será o arranque da tempada nas nosas costas e a primeira das tres competicións que a Liga Mundial de Surf Profesional (World Surf League) vai desenvolver este verán 2024 en augas galegas xunto co Abanca Pantinclassic Galicia Pro (do 24 ao 1 de setembro) e o Cabreiroá Junior Razo Pro (do 24 ao 28 de setembro).

Os espazos de conciliación e igualdade en colaboración coa Xunta de Galicia terán presenza en ambas as dúas probas galegas cun horario amplo, como vén sendo habitual desde o ano 2022, e serán acordes aos tempos da competición, e un programa de actividades acaído a contorna natural, con xogos cooperativos e deporte ao aire libre.

No caso do Abanca Pantinclassic, a maiores, a colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade estenderase á Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e, como en ano anteriores, ofrecerase un programa de Experiencias para mulleres e nenos en situación de especial vulnerabilidade en Casa de Acollida da rede autonómica galega, cun programa deseñado especificamente para elas -e os fillos e fillas menores- con encaixe no programa do evento que se vai desenvolver a finais de verán na praia de Valdoviño.

 

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265724 {"title":"A Xunta abre un espazo de conciliación e igualdade durante o campionato Gadis Longboard Festival, proba oficial da Liga mundial de surf profesional","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"265724"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265724-xunta-abre-espazo-conciliacion-e-igualdade-campionato-gadis-longboard-festival-proba-oficial-da-liga-mundial-surf-profesional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.