A Xunta abre á cidadanía a sede reformada de emigración e a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento de Retorno para o que se investiu 1,8 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González puxo en valor na xornada de portas abertas as novas instalacións de Mazarelos para ofrecer mellores servizos ás persoas retornadas
  • Martínez Allegue subliñou a aposta pola eficiencia enerxética neste edificio, contribuíndo á redución do consumo de enerxía e a unha maior sustentabilidade
  • Destacou a substitución de carpinterías, a renovación da cuberta e a instalación de sistemas de climatización e ventilación eficientes, asegurando funcionalidade da sede
  • A Oficina de Asesoramento e Seguimento ao Retorno ten atendido, desde a súa creación en 2020, preto de 24.000 persoas e tramitado máis de 112.000 consultas
  • A oficina móbil, de apoio aos retornados en concellos rurais e vilas galegas, ofreceu os seus servizos a máis de 150 persoas en preto de 70 localidades en menos dun ano

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

A Xunta, no marco da Semana da Administración Aberta, mostrou hoxe á cidadanía a nova sede reformada da Secretaría Xeral da Emigración  e a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento de Retorno de Mazarelos, en Santiago de Compostela, unhas melloras nas que a Xunta investiu 1,8 millóns de euros.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxeron hoxe en valor as novas instalacións nunha xornada de portas abertas nas que a cidadanía poido explorar os centros recentemente rehabilitados e coñecer de primeira man os servizos dispoñibles e que se veñen de mellorar.  Á cita tamén acudiron o secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Desde a súa creación en 2020, a Oficina de Asesoramento e Seguimento ao Retorno ten atendido preto de 24.000 persoas e tramitado máis de 112.000 consultas. Estas oficinas, situadas na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, ofrecen asesoramento xurídico, social, laboral e tributario, adaptándose ás necesidades dos retornados.

A oficina móbil, ademais, posta en marcha en novembro de 2023, permitiu ampliar a rede de apoio aos retornados, chegando a concellos rurais e vilas galegas. Ata o momento, a oficina móbil atendeu máis de 200 familias en preto de 70 localidades. Este servizo, cun investimento de 250.000 euros, reflicte o compromiso da Xunta de Galicia coas persoas retornadas, ofrecendo os mesmos servizos que nas sedes permanentes e cun seguimento personalizado desde as oficinas fixas.

"Queremos facerlles aos emigrantes que desexen retornar o mellor posible o seu camiño de volta," afirmou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración na súa intervención na xornada de portas abertas.

Galicia, segundo apuntou, é pioneira e de referencia nacional en materia de retorno, cunha nova Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 que conta con 100 medidas e un orzamento de máis de 450 millóns de euros. Este programa facilita o rexuvenecemento da poboación, a atracción de riqueza e novas oportunidades empresariais e o incremento de man de obra cualificada.

Nova sede de Emigración

O conselleiro tamén se referiu na inauguración da nova sede da Secretaría Xeral de Emigración, que se rehabilitou para poder ofrecer mellores servizos e un ambiente acolledor para todos. Este proxecto de reforma, que contou cun investimento de 1,8 millóns de euros, soluciona problemas de illamento térmico e deterioros en fachadas e cubertas, garantindo un entorno máis confortable e seguro.

A planta baixa do edificio, anteriormente destinada a unha oficina de turismo, transformouse para acoller ao equipo que atende aos retornados, demostrando o compromiso da Xunta de Galicia coa emigración e cos galegos que volven a casa. Esta actuación contou coa cofinanciación da Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Durante as obras, a Secretaría Xeral da Emigración foi trasladada temporalmente á rúa Basquiños 2, asegurando que os servizos non se visen interrompidos. Agora, a Oficina de Asesoramento e Seguimento ao Retorno sitúase no centro de Santiago, mellorando a accesibilidade e a integración coa Secretaría Xeral.

Aposta pola eficiencia enerxética

No que se refire á execución desta intervención, Martínez Allegue subliñou a aposta pola eficiencia enerxética, contribuíndo así á redución do consumo anual de enerxía no edificio e a acadar unha maior sustentabilidade.

Tamén destacou a substitución de carpinterías, a renovación da cuberta e a instalación de sistemas de climatización e ventilación máis eficientes, asegurando a durabilidade e funcionalidade do edificio.

A conselleira fixo fincapé no respecto da actuación polo valor patrimonial do edificio, acometendo unha rehabilitación acorde á relevancia histórica desta contorna. Neste sentido, compatibilizouse  a preservación da riqueza patrimonial coa modernización das instalacións.

Concluíu reafirmando o compromiso da Xunta coa mellora continua das infraestruturas públicas e o apoio decidido aos emigrantes e retornados.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265669 {"title":"A Xunta abre á cidadanía a sede reformada de emigración e a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento de Retorno para o que se investiu 1,8 M€","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/20240614+SedeEmigraci%C3%B3n.jpg","id":"265669"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265669-xunta-abre-cidadania-sede-reformada-emigracion-e-oficina-integral-asesoramento-e-seguimento-retorno-se-investiu-1-8-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.