A Xunta pon en valor en Lugo a campaña 'Días azuis' de impulso ao comercio local de Galicia e coa que se promove a remuda xeracional

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén percorreu hoxe varios locais que participan na iniciativa da Xunta e da Federación Galega de Comercio
  • Alén destacou que este tipo de accións facilita o desenvolvemento da actividade comercial e impulsa as vendas de comercio polo miúdo para garantir o mantemento dos negocios de Galicia
  • A actuación, que se desenvolve ata o 30 de xuño, está aberta aos arredor de 20.000 comercios galegos e inclúe o sorteo de 20.000 euros en premios
  • Os premios do sorteo desta edición consistirán en tarxetas de prepago de 250 e 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos e para participar as persoas consumidoras deben rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com

Lugo, 14 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, percorreu hoxe en Lugo varios locais que están a participar na 12ª edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que desenvolve a Xunta xunto coa Federación Galega de Comercio ata o 30 de xuño en Galicia para impulsar o comercio de proximidade e promover a remuda xeracional. No marco desta iniciativa, Alén salientou que se sortearán 20.000 euros en premios co fin de estimular a demanda, o comercio de proximidade, reactivar o consumo e dinamizar o sector.

A campaña é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca.

Poden participar nesta edición todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña e coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos atendendo ao que establecen as bases da campaña.

Para participar deben rexistrar directamente a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador).  A participación tamén pode ser rexistrada polo comerciante a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

A iniciativa inclúe material de promoción que estará dispoñible nos comercios, como folletos, carteis informativos e cartas explicativas coas bases da campaña. Os establecementos tamén poden promocionar esta iniciativa nas súas redes sociais co cancelo #díasazuis e, a maiores, poden realizar accións complementarias durante a campaña como descontos especiais e actuacións, entre outras.

Colaboración e outras accións

Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do comercio. Nela inclúense outras accións como consolidar unha Oficina de orientación, asesoramento e información ao comercio galego e de formación no asociacionismo, prestando especial atención ao emprendemento, cualificación e mantemento da actividade, e tamén o mantemento da Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, dirixida a axilizar e mellorar a relación e o contacto coa clientela.

Súmase a outras accións para impulsar o comercio local como o Bono remuda, unha convocatoria novidosa da Xunta que cun orzamento de 1,5 millóns de euros busca fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego. Tamén o Bono Activa Comercio, que na súa  5ª edición logrou mobilizar 12 millóns de euros en vendas, con case 7.000 negocios adheridos en toda Galicia e que se reeditará en outono.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265668 {"title":"A Xunta pon en valor en Lugo a campaña 'Días azuis' de impulso ao comercio local de Galicia e coa que se promove a remuda xeracional","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/20240614+Visita+DX+Comercio+Presentacion+campana+Dias+Azuis+1.jpg","id":"265668"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265668-xunta-pon-valor-lugo-campana-dias-azuis-impulso-ao-comercio-local-galicia-e-coa-se-promove-remuda-xeracional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.