A Xunta pon en valor as súas políticas para impulsar o cooperativismo na Asemblea Xeral da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado

Imagen del artículo A Xunta pon en valor as súas políticas para impulsar o cooperativismo na Asemblea Xeral da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, está a participar nesta cita que se celebra en Valencia, capital española este ano da economía social

Valencia, 14 de xuño de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, está a participar na asemblea xeral da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (Coceta) que se celebra en Valencia, capital española este ano da economía social, unha cita á que acudiron a secretaria de Estado de Economía Social, Amparo Merino, e representantes do sector, e que estivo centrada no relevo xeracional e a mocidade.

Mariño compartiu e intercambiou experiencias sobre as políticas que se están a desenvolver neste eido centrándose na importancia que está a dar a Xunta ao relevo xeracional para o que convocou este ano as axudas do Bono Remuda, dotado con 1,5 millóns de euros para fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a destinar para 2024 máis de 43,6 millóns de euros á economía social, un investimento que se artella en tres grandes eixos de actuación: a difusión da economía social, a creación e consolidación de iniciativas e a promoción do emprego inclusivo. No relativo ao cooperativismo, o orzamento destinado ás axudas este ano aumenta nun 6,7% con respecto a 2023.

Mariño destacou que o cooperativismo e unha fórmula empresarial de éxito en Galicia e que continúa a medrar: no último ano creáronse un total de 130 novas cooperativas, o que supón un crecemento do 7,69% con respecto a 2022.

A Xunta ten en execución na actualidade a 2ª Estratexia da economía social, coa que aspira a xerar 4.000 empregos e a posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. Estase, ademais, a deseñar a nova Lei de cooperativas para adaptala aos novos tempos e axilizar a creación de entidades, un traballo no que se están a recabar as necesidades dos principais interlocutores.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265660 {"title":"A Xunta pon en valor as súas políticas para impulsar o cooperativismo na Asemblea Xeral da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/20240614+DXTAES+Valencia.jpeg","id":"265660"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265660-xunta-pon-valor-as-suas-politicas-impulsar-cooperativismo-na-asemblea-xeral-da-confederacion-espanola-cooperativas-trabajo-asociado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.