A Xunta patrocina a "II Bandeira de traíñas de veteráns" que organiza este domingo o Club de Remo de Celeiro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 14 de xuño de 2024
A Xunta de Galicia patrocina a "II Bandeira de traíñas de veteráns Cofradía de Pescadores Porto de Celeiro", que se celebrará este domingo na praia de Covas e foi presentada hoxe coa asistencia da directora territorial da Consellería do Mar, Mariña Gueimunde.
A proba está organizada polo Club de Remo de Celeiro, que conta actualmente con preto de medio cento de deportistas en distintas categorías: Alevín e infantil tanto feminino como masculino, unha traíña mixta, un equipo Senior masculino e dous de veteranos mixtos.
Os organizadores pretenden promover este deporte na localidade, cunha regata de traíñas na que participarán clubs de toda Galicia. Igualmente, contribúen a fomentar a igualdade nunha modalidade tradicionalmente masculinizada, a través dos equipos femininos que tamén competirán o domingo.