A Xunta destaca a súa aposta por coordinar e especializar o ecosistema do emprendemento galego coa implicación de todos os axentes

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Pontevedra na presentación da 11ª edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2024
  • Fernández salientou que a Xunta está a configurar unha estratexia galega para o emprendemento que se baseará nun estudo previo de mercado
  • Puxo en valor a Rede de polos de emprendemento coa que se prestou xa asesoramento a 45 proxectos da comarca de Pontevedra, relacionados na súa maioría co comercio, educación e servizos

Pontevedra, 13 de xuño de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, puxo en valor hoxe na presentación da 11ª edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2024 a aposta que está a facer a Xunta de Galicia polo emprendemento a través da estratexia que está a deseñar neste ámbito.  Esta ferramenta basearase nun estudo previo de mercado e con ela búscase dar un impulso coordinado a este eido implicando a todos os axentes do ecosistema de emprendemento de Galicia.

Nesta liña, Pablo Fernández tamén referiuse ao Mapa de emprendemento virtual que integrará todos os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia. É unha ferramenta que a día de hoxe conta con máis de 180 entidades adheridas e que ten como obxectivo coordinar e buscar sinerxías entre o público-privado. "Apostamos, sen dúbida, pola coordinación e especialización do ecosistema emprendedor", recalcou. 

Para Fernández é importante impulsar o emprendemento da man de todos os axentes implicados para crear actividade económica e emprego de calidade, vertebrando o territorio e garantindo, en definitiva, o crecemento de Galicia.

Na súa intervención, puxo tamén en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego coa que a Administración autonómica está a prestar asesoramento ás persoas emprendedores en calquera fase na que se atope o seu proxecto, desde o principio ao fin. Nestes intres existen 13 centros en activo que se ampliarán ata 15 con dous novos centros, en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e Sarria (Lugo)

Con esta Rede atendéronse xa, en escasos dous anos, 1.900 iniciativas empresariais (523 na provincia de Pontevedra), fixéronse máis de 5.000 titorías (1.164 na provincia pontevedresa), arredor de 450 reunións con entidades do territorio e centos de accións entre formacións e eventos propios e externos en toda Galicia.

Datos na comarca

Na comarca de Pontevedra (Pontevedra, Poio, Barro, Campo Lameiro, A Lama, Ponte Caldelas, Vilaboa e Cercedo-Cotobade) lévanse atendidos un total de 45 proxectos relacionados na súa maioría co comercio, coa educación e cos servizos. Destes, 28 son da cidade de Pontevedra, relacionados principalmente coa educación e co comercio.

No eido do emprendemento, a Xunta tamén conta co Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios, constituíndose como unha bolsa de substitución de negocios. Este Plan inclúe unha orde de axudas para impulsar os procesos de remuda xeracional, destinada a financiar parte dos gastos aboados en concepto de traspaso polas persoas que se fagan cargo dos negocios, facilitando a actividade.

Para rematar, o secretario xeral de Emprego incidiu na aposta do Goberno galego polo diálogo e pola colaboración público-privada para seguir a facer de Galicia unha terra de oportunidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262730 {"title":"A Xunta destaca a súa aposta por coordinar e especializar o ecosistema do emprendemento galego coa implicación de todos os axentes","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/20240613+SXEmpregoPontUpStore.jpeg","id":"262730"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262730-xunta-destaca-sua-aposta-coordinar-e-especializar-ecosistema-do-emprendemento-galego-coa-implicacion-os-axentes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.