A Xunta lembra que mañá é o último día para solicitar a creación de oito novas casas niño en Galicia

Imagen del artículo A Xunta lembra que mañá é o último día para solicitar a creación de oito novas casas niño en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A orde en marcha permitirá a posta en marcha de 40 novas prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos en concellos nos que non existe escola infantil

As Somozas (A Coruña), 13 de xuño de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá a casa niño situada no concello das Somozas. Durante a visita, na que estivo acompañado do alcalde da localidade, Juan Alonso Tembrás, lembrou que mañá é o último día para solicitar a orde de axudas para a creación de novas casas niño por toda Galicia.

A Xunta destina 806.200 euros a esta convocatoria que permitirá a posta en funcionamento de oito casas niño, 40 novas prazas 100 % gratuítas para nenos de 0 a 3 anos que viven en núcleos de poboación sen escola infantil. Galicia conta nestes momentos cun cento de casas niño en funcionamento, o que demostra a boa acollida destes servizos desde a súa posta en marcha no ano 2016.

Esta nova convocatoria presenta como novidade o establecemento dunha axuda complementaria de 150 euros semanais durante o período que dure a baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada do servizo. Coma ata o de agora, o Goberno galego ofrece unha axuda anual á persoa promotora deste servizo e, a maiores, un investimento inicial dun máximo de 15.000 euros para a adecuación das instalacións onde se vaia emprazar a casa niño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262691 {"title":"A Xunta lembra que mañá é o último día para solicitar a creación de oito novas casas niño en Galicia","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/20240613+DXFamiliaCasaNinoAsSomozas.jpeg","id":"262691"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262691-xunta-lembra-mana-e-ultimo-dia-solicitar-creacion-oito-novas-casas-nino-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.