Belén do Campo analiza as necesidades da Federación de Unión de Comercios Coruñesa e destaca o labor da Xunta a prol da remuda nos negocios

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Nesta xuntanza abordaron o Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios e que se complementa co Bono remuda, unha orde de axudas novidosa á que a Xunta destina 1,5 millóns de euros
  • Este encontro enmárcase no proceso de encontros que están mantendo a representante do Goberno autonómico cos colectivos e entidades da provincia

A Coruña, 12 de xuño de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo esta semana unha xuntanza cos representantes da Federación de Unión de Comercios Coruñesa para escoitar as súas propostas e nas que destacou a aposta do Goberno galego para favorecer a remuda xeracional nos negocios. Este encontro enmárcase no proceso de encontros que están mantendo a representante do Goberno autonómico cos colectivos e entidades da provincia

Neste eido, abordaron entre outras cuestións, o Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios e que se complementa co Bono remuda, unha orde de axudas novidosa aprobada esta semana polo Consello da Xunta e publicada no Diario Oficial de Galicia. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 1,5 millóns de euros e busca garantir a permanencia dos negocios no tecido produtivo galego.

Este Plan desenvólvese ao abeiro da Rede de polos que ten 13 centros activos e ao que se levan adherido máis de 100 empresas para buscar novas persoas que se poñan á fronte e que asesora proxectos en calquera das fases en que se atopen, de principio a fin. Con isto, expuxo a delegada, o Goberno galego busca facilitar que as persoas interesadas en emprender poidan facerse co traspaso dun negocio xa viable economicamente ao tempo que se promove a remuda xeracional.

Neste ámbito, tamén se porá en marcha unha análise comarcal para determinar que negocios se requiren en cada contorna. Nela incluiranse tanto novos negocios como aqueles que, sendo rendibles, teñen previsto pechar por falta de remuda.

Todo isto enmárcase na aposta da Xunta por ser unha Administración facilitadora do labor do colectivo de autónomos e a ela súmanse as axudas que pon á súa disposición para manter e motivar a súa actividade. Trátase de apoios que se enmarcan na Axenda Impulso Autónomo Horizonte 2027, que rexerá as políticas públicas de apoio ao traballo autónomo durante os próximos anos

Días Azuis

No encontro a delegada tamén valorou a importancia de campañas que están agora mesmo en marcha de apoio a este colectivo como a 12ª edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que se desenvolve entre o 10 e o 30 de xuño e que está aberta aos arredor de 20.000 establecementos comerciais de Galicia. No marco desta iniciativa sortearanse 20.000 euros en premios co fin de estimular a demanda, o comercio de proximidade, reactivar o consumo e dinamizar o sector.

A campaña é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca.

Este tipo de actividades contribúen a visibilizar e crear relacións de afinidade co comercio de proximidade, posicionando a súa imaxe, as súas vantaxes e características xeradoras de confianza. De feito, na edición anterior esta campaña distribuíuse entre 160 asociacións de Galicia, chegou a 18.000 establecementos e rexistrou máis de 120.000 participacións.

Poderán participar nesta edición todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña e coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos atendendo ao que establecen as bases da campaña.

Para participar deben rexistrar directamente a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador).  A participación tamén pode ser rexistrada polo comerciante a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

A campaña inclúe material de promoción que estará dispoñible nos comercios, como folletos, carteis informativos e cartas explicativas coas bases da campaña. Os establecementos tamén poden promocionar esta iniciativa nas súas redes sociais co cancelo #díasazuis e, a maiores, poden realizar accións complementarias durante a campaña como descontos especiais e actuacións, entre outras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
259624 {"title":"Belén do Campo analiza as necesidades da Federación de Unión de Comercios Coruñesa e destaca o labor da Xunta a prol da remuda nos negocios","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/1.jpg","id":"259624"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/259624-belen-do-campo-analiza-as-necesidades-da-federacion-union-comercios-corunesa-e-destaca-labor-da-xunta-prol-da-remuda-nos-negocios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.