A Xunta aplaude a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos completos

Imagen del artículo A Xunta aplaude a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos completos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A proposta foi impulsada polo Goberno galego e defendida hoxe polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na Comisión executiva desta entidade

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia aplaude a decisión tomada hoxe na Comisión Executiva do Consejo Jacobeo -o órgano dependente do Goberno central, a través do Ministerio de Cultura, para a promoción do Camiño de Santiago- polo que os beneficios fiscais para as empresas e entidades que apoien o Xacobeo 27 se amplíen a tres anos completos, como así o solicitara o Goberno galego. 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, defendeu hoxe esta proposta da Xunta para que o período de beneficios fiscais estea comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2027 fronte a previsión inicial do Goberno Central que establecía os prazos desde outubro de 2025 a setembro de 2027.

Neste encontro preparatorio para o Xacobeo 2027 debatíase, entre outros temas, solicitar aos organismos competentes a declaración como acontecemento excepcional de interese público aos efectos da aplicación de beneficios fiscais para o Ano Santo Xacobeo 2027, sendo aceptada a iniciativa galega que será agora elevada a pleno do Consejo Jacobeo que se celebrará o vindeiro día 26 de xuño.

Ademais, tamén se aceptou a petición de Galicia levar a pleno a creación dun grupo de traballo no Consejo Jacobeo que analice e desenvolva propostas para a coordinación de actuacións entre a Administración do Estado e as Comunidades para a mellora da rede de itinerarios xacobeos con especial atención aos puntos negros por cruces con vías de alta capacidade. Tamén se pretende o desenvolvemento de programas conxuntos para a mellora dos itinerarios, desenvolvemento dos plans de seguridade no Camiño e comezar a levar a cabo modelos de xestión sustentables coordinados entre a Administración do Estado e as Comunidades. A intención é que ofreza un modelo de atención ao peregrino similar nos diferentes territorios.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
258896 {"title":"A Xunta aplaude a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos completos","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/20240612+ExencionsFiscais.jpeg","id":"258896"} galicia C. de Economía e Industria; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/258896-xunta-aplaude-decision-do-consejo-jacobeo-os-beneficios-fiscais-as-empresas-apoien-xacobeo-2027-se-amplien-tres-anos-completos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.