A Xunta traballará en coordinación cos axentes sociais para facer fronte ao absentismo laboral e artellar posibles solucións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • González apelou a manter sempre activo os procesos de escoita activa co tecido empresarial porque afirmou que a colaboración público-privada é a chave para seguir avanzando no progreso e crecemento de Galicia
  • Salientou a cooperación estreita con empresas e clústeres de Galicia para impartir formacións á carta e de curta duración para garantir a reciclaxe dos traballadores e dar saída ás vacantes de traballo 
  • A Xunta traballa na confección dunha estratexia para o emprendemento e segue a impulsar o Mapa de emprendemento virtual que xa conta con máis de 180 entidades
  • O conselleiro puxo en valor o Programa Retorna Cualifica Emprego e apuntou que se potenciará da man das empresas galegas para favorecer á volta a casa dos retornados galegos e primeira, segunda ou terceira xeración

Vigo, 12 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, avanzou hoxe que a Xunta traballará en coordinación con todos os axentes sociais para facer fronte ao absentismo laboral e artellar posibles solucións. Na clausura da segunda edición do Encontro de organizacións e entidades empresariais de Galicia: Sinerxías 2024, que se celebrou en Vigo, González mostrou a súa preocupación por este problema estrutural en Galicia e sinalou a necesidade de abordalo para que as empresas poidan ser cada vez máis produtivas e competitivas. 

Así, apelou ao manter activo sempre os procesos de escoita activa con todos os axentes sociais e económicos para buscar solucións a este asunto e a outros para seguir facendo de Galicia unha terra próspera e de oportunidades. González, neste senso, avogou unha vez máis polo Diálogo Social e pola colaboración público-privada que na súa opinión, é chave para seguir avanzando no progreso e crecemento de Galicia. 

Outro dos asuntos que abordou na súa intervención foi a necesidade de dar cobertura ás 15.000 vacantes laborais que existen no mercado de traballo de Galicia e, ao respecto, lembrou a colaboración estreita que mantén a Xunta con empresas e principais clústeres e entidades empresariais galegas para a impartición de formacións de curta duración aos traballadores para garantir a súa reciclaxe e dar resposta ás neceidades de cada sector produtivo. González referiuse á importancia da flexibilidade na formación para o emprego para poder casar oferta con demanda. Nesta liña, comentou que son primordiais as unidades formativas nas empresas e seguir avanzando coa pioneira ferramenta Emi, que mediante intelixencia artificial conecta datos en tempo real nas oficinas de emprego. 

Pulo ao emprendemento

O conselleiro, así mesmo, referiuse ao impulso que a Xunta está a dar ao emprendemento, salientando que se está a deseñar unha estratexia neste ámbito. Así mesmo, puxo en valor o Mapa de emprendemento virtual que integrará todos os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia. É unha ferramenta que a día de hoxe conta con máis de 180 entidades adheridas e que ten como obxectivo coordinar e buscar sinerxías entre o público-privado. "Apostamos, sen dúbida, pola coordinación e especialización do ecosistema emprendedor", recalcou. 

Para rematar, José González afirmou que a Xunta tamén seguirá promovendo o retorno dos galegos no exterior a través do Programa Retorna Cualifica Emprego, unha iniciativa que se potenciará da man das empresas galegas co obxectivo claro de favorecer á volta a Galicia dos retornados de primeira, segunda o terceira xeración. Neste senso, indicou que é clave acompasar as necesidades do tecido empresarial coas oportunidades de emprendemento e sinalou que con esta actuación se selecciona aos participantes no seu país de orixe para facilitarlles o proceso, ofrecendo en orixe traballos de calidade cos que retornar a Galicia, complementados con formación e axudas para establecerse. 

O titular de Emprego, Comercio e Emigración, en definitiva, apuntou que é importante seguir traballando da man do empresariado galego para continuar a crear actividade económica e emprego de calidade, vertebrando o territorio e garantindo, en definitiva, o crecemento de Galicia. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
258891 {"title":"A Xunta traballará en coordinación cos axentes sociais para facer fronte ao absentismo laboral e artellar posibles solucións","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/20240612+ConselleiroPazoEscudos1.jpg","id":"258891"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/258891-xunta-traballara-coordinacion-cos-axentes-sociais-facer-fronte-ao-absentismo-laboral-e-artellar-posibles-solucions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.