A Xunta apoia este domingo a comercialización e a divulgación da Artesanía de Galicia en Santiago de Compostela coa cita 'Sabor a Novo'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe na presentación do evento no que se amosará o traballo de 27 obradoiros pertencentes á marca Artesanía de Galicia
  • Patrocinaranse ademais dous talleres abertos a todos os públicos que iniciarán os asistentes nas técnicas da cianotipia e do gyotaku en horario de mañá e de tarde

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración colabora na organización do evento Sabor a novo, que se vai celebrar o próximo domingo 16 de xuño no Pazo de San Lourenzo de Santiago de Compostela. A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na rolda de prensa celebrada no Concello de Santiago na que se presentou a programación deste evento no que a Artesanía de Galicia desenvolverá un papel fundamental.

O apoio da Fundación Artesanía de Galicia consiste nunha bonificación sobre a cota de participación para os expositores inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, co obxectivo de apoiar a comercialización da marca Artesanía de Galicia e de lle dar visibilidade aos oficios artesáns galegos. A Fundación patrocina ademais dous obradoiros de introdución ás técnicas artesanais do Gyotaku e da creación de Cianotipias impartidos por María José Martínez e Minia Míguez. Estes obradoiros, que se desenvolverán, en horario de 12:30 horas a 14:30 horas e de 16:30 horas a 20:30 horas, serán gratuítos, abertos a todo tipo de públicos e non requirirán inscrición previa.

En Sabor a Novo poderase ver o traballo de 27 obradoiros de Artesanía de Galicia especializados en oficios coma o coiro, a xoiería, a cerámica, a bixutería, a forxa, a madeira, o papel ou o téxtil. Os expositores que participan son os obradoiros composteláns Contraform, Jatafarta, Milena Colella, Mauro Trastoy, Degerónimo, Sonia Arnaiz e Laura Triñanes; os de Vigo, Como pez en el agua, Mario López e Ana Freiría; Fonte Meimil (Mondoñedo), Conloquetengo (As Pontes), Pilarnia Arte (Taboadela), Jerolas (Curtis), ArtenJoya (Gondomar), Mioco Diseños (A Coruña), Verdecima talla en madera (Mos), Fento do vento (Ourense), Taller Patapúm (Quiroga), Casperlota Atelier (Paderne), Artesanía Silvent (Caldas de Reis), Siliva (Abegondo), Xiralúa Estudio Creativo (Teo), Hana No Boshi (Pontedeume), Tuuinx (Ames), J. Eiroa Forxa (Culleredo) e Leónlagata (Sanxenxo). 

A programación de Sabor a Novo completarase con actuacións musicais e o horario será de 12:00 a 21:00 horas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
258780 {"title":"A Xunta apoia este domingo a comercialización e a divulgación da Artesanía de Galicia en Santiago de Compostela coa cita 'Sabor a Novo'","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/20240612+Fabeirosabornovo.jpeg","id":"258780"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/258780-xunta-apoia-domingo-comercializacion-e-divulgacion-da-artesania-galicia-santiago-compostela-coa-cita-sabor-novo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.