A Xunta aborda co Goberno central a transferencia do Ingreso Mínimo Vital a Galicia

Imagen del artículo A Xunta aborda co Goberno central a transferencia do Ingreso Mínimo Vital a Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Solicita a transferencia íntegra desta prestación de maneira que sexa o Goberno galego o encargado de informar, tramitar, resolver e pagar aos beneficiarios
  • Destaca a experiencia de Galicia na xestión da Renda de inclusión social de Galicia (Risga) durante os últimos trinta anos

Madrid, 11 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo esta tarde unha reunión coa ministra de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, Elma Saiz, na que abordaron a transferencia do Ingreso Mínimo Vital (IMV) a Galicia. Durante o encontro, a conselleira solicitou que este traspaso se realice de maneira íntegra, é dicir, que sexa Galicia a encargada de informar, tramitar, resolver e pagar aos beneficiarios.

A conselleira lembrou que esta transferencia foi comprometida xa en xaneiro do ano 2022 ao Goberno galego, polo que pide ao Goberno central celeridade na súa materialización. Neste sentido, sinalou que Galicia conta coa experiencia necesaria para a súa xestión como así o demostran os trinta anos tramitando a Renda de inclusión social de Galicia (Risga).

Fabiola García afirmou que o obxectivo do Goberno galego é darlle ás persoas que máis o necesitan unha resposta áxil e rápida. Neste sentido, agarda que esta primeira reunión supoña un paso en firme para avanzar nesa transferencia íntegra e se cree tamén unha comisión de seguimento para que os equipos técnicos da Consellería e do Ministerio se poidan comezar a reunir de xeito periódico para abordar este traspaso.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
257085 {"title":"A Xunta aborda co Goberno central a transferencia do Ingreso Mínimo Vital a Galicia","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/20240611ConselleiraMinistraIMV+02.jpg","id":"257085"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/257085-xunta-aborda-co-goberno-central-transferencia-do-ingreso-minimo-vital-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.