A Xunta solicita información á Garda Civil, clubs e Federación para esclarecer os feitos acontecidos no partido entre o Racing Vilalbés B e o San Ciprián

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral para o Deporte apunta que "toda conduta violenta será sancionada" e que "a postura da Xunta é inamovible: tolerancia cero coa violencia"

Santiago, 11 de xuño de 2024

A Comisión Galega de Control da Violencia vén de abrir un período de información previa co fin de determinar coa maior precisión posible os feitos acaecidos o pasado domingo no campo da Fonte, en Cospeito, durante o partido de ascenso á Primeira Galicia da Real Federación Galega de Fútbol entre o Racing Vilalbés B e o C.D. San Ciprián. Neste sentido pedirase información á Garda Civil, aos clubs implicados e á federación deportiva correspondente.

O secretario xeral para o Deporte e presidente da Comisión Galega de Control da Violencia destacou a "unidade e o traballo conxunto" de todo o tecido deportivo en contra da violencia. Neste sentido informou da recepción de dous escritos dos clubs implicados no suceso amosando a súa condena do ocorrido e vontade de colaboración para esclarecer os feitos. Do mesmo xeito, o mandatario galego anunciou que xa tivo oportunidade de falar cos responsables da Real Federación Galega de Fútbol, xa que é a entidade que se ocupa do proceso disciplinario relativo ás persoas con licenza federativa  (deportistas, árbitros, adestradores...) e que tamén reuniu ao seu comité de competición sobre este asunto nesta mesma mañá.

Lete Lasa apuntou ao finalizar á sesión que "toda conduta violenta será sancionada" e que "a postura da Xunta é inamovible: tolerancia cero coa violencia".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
256498 {"title":"A Xunta solicita información á Garda Civil, clubs e Federación para esclarecer os feitos acontecidos no partido entre o Racing Vilalbés B e o San Ciprián","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/240611_SecretarioDeportes_ReunionVrtual_MAC-0.JPG","id":"256498"} galicia Secretaría Xeral para o Deporte ; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/256498-xunta-solicita-informacion-garda-civil-clubs-e-federacion-esclarecer-os-feitos-acontecidos-partido-racing-vilalbes-b-e-san-ciprian https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.