Román Rodríguez aplaude o "sacrificio, dedicación e motivación" do alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na graduación dun total de 276 estudantes de sete graos e tres másteres desta escola
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 10 de xuño de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, participou esta tarde na graduación do alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, onde felicitou aos graduados "por ter chegado ata aquí e, sobre todo, pola dedicación, sacrificio e motivación dedicada a estes estudos".
O titular do departamento educativo do Goberno galego quixo recordarlle aos mozos e mozas que estes anos "foron un traballo de equipo, por suposto voso, pero tamén dos vosos docentes e das vosas familias". "Porque a comunidade educativa é a nosa fortaleza", salientou Román Rodríguez, quen os animou a mirar cara o futuro con "ilusión e a iniciar un novo camiño onde aplicar todo o aprendido". "Galicia precisa da vosa excelencia e da vosa dedicación para seguir sendo un referente, de xente decidida, capacitada, enérxica e con vontade de mellorar as cousas para liderar o seu presente e o seu futuro", afirmou o conselleiro. "Os vosos triunfos serán tamén os nosos", rematou.
No acto de hoxe recibiron o diploma un total de 276 estudantes de sete graos e tres másteres. Xunto ás titulacións do ámbito industrial (graos en enxeñarías Eléctrica, en Electrónica e Automática, Mecánica, en Organización Industrial, en Química Industrial e en Tecnoloxías Industriais, así como o Máster en Enxeñaría Industrial), graduouse a terceira promoción do Grao en Enxeñaría Biomédica e a primeira do Máster en Enxeñaría Biomédica, ademais da primeira promoción do Máster en Fabricación Aditiva.