A Xunta concede os premios dos concursos Consumópolis e Galicons-Net para impulsar o consumo responsable nos centros educativos de Galicia

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe o IES Cacheiras, da Coruña, e o IES Lamas de Abade, de Santiago de Compostela, gañadores nestas dúas iniciativas do Goberno galego
  • Apelou entre os escolares, a facer sempre un consumo responsable e sostible coñecendo sempre os dereitos básicos dos consumidores, sobre todo nun mercado cada vez máis global e dixitalizado

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe ao alumnado do IES Cacheiras, da Coruña, un dos gañadores do certame Cosumópolis (recibiu o primeiro e o terceiro premio da categoría de 1º e 2º curso de ESO) e ao de IES Lamas de Abade, de Santiago de Compostela, premiado no concurso Galicons-Net na categoría de Bacharelato, ciclos formativos de grado medio e grado superior de formación profesional e de educación de persoas adultas. Son dúas iniciativas impulsadas polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Consumópolis, dun lado, ten como finalidade potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado de 5º e 6º de primaria, da ESO e FP básica. Con tal fin o concurso consta de dúas partes: a primeira, unha cidade virtual na que o alumnado ten que superar 10 probas aprendendo sobre un consumo máis responsable, crítico, consciente e sustentable, así como os seus dereitos como potenciais persoas consumidoras; e unha segunda parte, que é a realización dun traballo en equipo.

Nesta 19ª edición, organizada baixo o lema Súmate á enerxía responsable, establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os tres mellores traballos en cada tramo de idade, dotados con 1.000 euros os primeiros premios, 600 euros os segundos e 300 euros os terceiros.

Na categoría correspondente a 5º e 6º curso de primaria obtiveron o primeiro premio os alumnos do CEIP O Couto, de Ourense; en segundo lugar clasificouse o CPR Plurilingüe Barreiro, de Vigo; e o terceiro posto recaeu no CEIP de Lourido, de Poio (Pontevedra).

No tocante á categoría de 1º e 2º curso de ESO, obtivo o primeiro galardón o IES Cacheiras, da Coruña; o segundo, o IES San Tomé de Freixeiro, de Vigo; e o terceiro foi tamén para o IES Cacheiras (A Coruña).

Na categoría de 3º e 4º de ESO e FP básica resultaron gañadores as alumnas e alumnos do IES Maximino Romero de Lema, de Zas (A Coruña); o segundo lugar recaeu no IES Plurilingüe Fontexeria de Muros (A Coruña); e o terceiro clasificado foi o CPI Armando Cotarelo de Boimorto (A Coruña).

Galicons-Net

En canto ao segundo dos certames, Galicons-Net, ten como obxectivo, a través da realización dun proxecto de innovación educativa, impulsar o consumo responsable nos centros de ensino.

O traballo que se presentou tivo que versar sobre as seguintes temáticas de consumo responsable: consumo e xénero, linguaxe publicitaria, comercio electrónico, servizos financeiros ou etiquetaxe de bens e produtos.

Os premiados do concurso foron na categoría da ESO (12 a 14 anos) alumnos do colexio Lar de Vigo co proxecto Por un consumo informado e responsable; e na modalidade de Bacharelato, ciclos formativos de grado medio e grado superior de formación profesional e de educación de persoas adultas gañou o IES Lamas de Abade co traballo A linguaxe publicitaria.

O mellor proxecto en cada unha das modalidades recibiu un premio de 1.500 euros.

O director xeral de Comercio e Consumo apelou na visita a facer un consumo responsable e sostible tendo sempre en conta os dereitos dos consumidores, en especial nun mercado cada vez máis global e dixital.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254487 {"title":"A Xunta concede os premios dos concursos Consumópolis e Galicons-Net para impulsar o consumo responsable nos centros educativos de Galicia","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"254487"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254487-xunta-concede-os-premios-dos-concursos-consumopolis-e-galicons-net-impulsar-consumo-responsable-nos-centros-educativos-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.