A Xunta convoca oito cursos de formación especializada que se celebrarán no Corazón da Artesanía de Agolada

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Fundación Artesanía de Galicia organiza cursos centrados na cestería, na olería tradicional de Buño, na tapicería, no bordado ou no debuxo e mais un obradoiro práctico sobre decoración de mesas
  • A iniciativa forma parte da programación do XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que terá lugar nos Pendellos de Agolada os días 5, 6 e 7 de xullo
  • No evento inclúense cinco obradoiros gratuítos e abertos a todos os públicos sobre elaboración de figuras de miga de pan (sanandresiños), cestería, estampaxe, tecido e torno cerámico

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

A Xunta abre hoxe o prazo de inscrición para os oito cursos de formación especializada que está previsto realizar no marco do Corazón da Artesanía. XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se vai celebrar os días 5, 6 e 7 de xullo nos Pendellos de Agolada (Pontevedra). A través da Fundación Artesanía de Galicia organízanse cursos centrados na cestería, no bordado, na olería tradicional de Buño, na tapicería, no debuxo e mais un obradoiro práctico sobre decoración de mesas. Para todos eles é precisa a inscrición previa e as solicitudes xa se poden realizar a través da páxina web da Fundación artesanía de Galicia.

Na edición deste ano destacan os cursos de formación en técnicas tradicionais a través de artesáns reputados e de longa traxectoria nos seus ámbitos. O artesán Álvaro M. Leiro (Pazos de Borbén), Premio Nacional de Artesanía de 2023, impartirá un curso centrado na cestería en espiral empregada tradicionalmente para fabricar pezas para transportar dende alimentos ata auga. Leiro é un artesán que colabora habitualmente coa empresa Loewe e no 2023 foi recoñecido tamén co Premio Mestre Artesán Círculo Fortuny ao mellor artesán de vangarda. O curso está dirixido a profesionais ou interesados con coñecementos previos.

O Corazón da Artesanía acollerá tamén un curso de Iniciación á espartería, impartido por Pedro A. Blanco, sexta xeración do obradoiro Ubedíes Artesanía (Úbeda, Jaén), finalista do Premio Nacional de Artesanía e pertencente ao Proxecto "Craft in Progress" Premio Nacional de Artesanía para Entidades Públicas 2019. Neste curso os asistentes traballarán con técnicas de trenzado e de cosido do esparto para elaborar unha alfombra e outras pezas con fibras como a pita ou o sisal. A actividade está dirixida a profesionais da artesanía, do deseño e persoas interesadas no oficio da cestería.

Tamén relacionado coa cestería está o obradoiro Banqueta encordada con fibras vexetais, a cargo de Belén Martínez, do obradoiro Casa Atlântica (Redondela), no que rescatará técnicas artesanais de cestería para encordar unha banqueta utilizando fibras vexetais recollidas na súa contorna e con tinguidos naturais. A actividade está dirixida a profesionais da artesanía, do deseño e persoas interesadas no oficio da cestería.

Aprender da tradición

Na programación de cursos especializados inclúense dúas actividades impartidas por dous dos docentes que formaron parte do programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas impulsado pola Xunta dende finais de 2023 para a renovación e a conservación de técnicas e de oficios tradicionais na artesanía galega. A tapiceira Estelle Bisson de Atelier Estelle B (A Coruña) impartirá un curso sobre Tapicería tradicional no que amosará dende a colocación das cinchas e resortes, gornecer a peza para lle dar forma ao asento e a colocación da tea e da pasamanería. Está dirixido a profesionais da artesanía, do deseño e persoas interesadas no oficio da restauración e do moble.

Pola súa banda, Antonio Pereira e Luz Díaz, do obradoiro Alfarería Rulo (Buño, Malpica de Bergantiños), impartirán o curso Técnicas tradicionais da olería de Buño. Levantado e decorado dunha peza. Os participantes empregarán un torno tradicional e coñecerán o método que os docentes empregan para pintar as súas pezas, especialmente os pratos tradicionais. Está dirixido a profesionais da artesanía, do deseño e persoas interesadas no oficio da olería e da cerámica e conformarase un grupo diferente para cada un dos días.

Concurso do diario gráfico

A artesá Minia Banet, do obradoiro Variopinto (Santiago de Compostela) dirixirá un curso de Bordado sobre Fotografía no que os asistentes empregarán diferentes puntos de bordado para engadirlle cor e textura a fotografías dos pendellos de Agolada. Para este curso non se precisan coñecementos previos en bordado e participará un grupo diferente para cada día.  

Durante toda a fin de semana desenvolverase tamén o Diario gráfico Corazón da Artesanía: Urban sketching. As mans que traballan, un curso orientado a captar o ambiente do evento nos pendellos de Agolada e retratar o espazo, a contorna e as demostracións dos artesáns en directo a través do debuxo. O domingo pola mañá celebrarase un concurso entre os diarios elaborados e seleccionaranse dous gañadores. O primeiro premio estará dotado con 350€ e o segundo cun lote de produtos de Artesanía de Galicia. Esta actividade estará dirixida pola artista afincada en Barcelona Maru Godàs.

Ademais dos cursos de formación especializaciada, o venres 5 de xullo celebrarase no marco do Corazón da Artesanía un obradoiro de decoración de mesas chamado A mesa perfecta e impartido pola directora de arte Rosana A. Agrelo (Pontevedra). Neste obradoiro, vinculado ao proxecto Artesanía no Prato que xunta artesanía e gastronomía, os asistentes aprenderán a utilizar dunha maneira práctica e creativa difrentes elementos que lle dan á mesa unha personalidade propia. 

Obradoiros abertos

O Corazón da Artesanía funciona tamén como un espazo de divulgación e de achegamento dos nosos oficios artesanais a todo tipo de públicos, polo que en cada edición deséñase unha programación de obradoiros abertos e gratuítos, que lle permiten aos asistentes iniciarse en diferentes técnicas e/ou oficios.

A cesteira Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2022, dirixirá un obradoiro de Cestería colaborativa na que se creará unha estrutura a través do tecido intuitivo. O artesán Jorge Bellón (Santo André de Teixido, Cedeira) será o encargado de dar a coñecer a historia das tradicionais figuras elaboradas con miga de pan, os sanandresiños, e de guiar os participantes na elaboración destas pezas.

Sandra Betanzos, do taller Amorote Printing Workshop (Ames) encargarase da actividade Estampaxe colectiva e impartirá un obradoiro diferente cada día. O venres estamparanse cadernos con selos de Amorote, o sábado personalizaranse avionetas de goma eva e o domingo crearanse medusas con elementos variados con papel e téxtil estampado.

Os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop (Vigo), ofrecerán un obradoiro de tecido colectivo de tapices nun gran bastidor cúbico; mentres que a actividade de Iniciación ao torno cerámico correrá a cargo de varios ceramistas: Nerea Carpente, do taller Peixe Nero (Covelo), Carlos San Claudio (Vigo) e a Asociación Galega da Cerámica e outras artesanías A Escola (Gondomar).

O horario de todos estes obradoiros abertos será de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas e non requiren de inscrición previa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254428 {"title":"A Xunta convoca oito cursos de formación especializada que se celebrarán no Corazón da Artesanía de Agolada","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150743\/curso_cesteria_corazon_da_artesania2023.jpg","id":"254428"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254428-xunta-convoca-oito-cursos-formacion-especializada-se-celebraran-corazon-da-artesania-agolada https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.