O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta a 3ª edición do ciclo 'Rock entre pedra e poesía'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Luz Casal actuará o 24 de xullo no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova
- O prezo das entradas, xa á venda en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 35 euros máis gastos de xestión da empresa distribuidora
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 10 de xuño de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá, acompañado do director da área de Cultura e Deporte da Deputación Provincial, Marcos Vázquez, e do alcalde de Celanova, Antonio Puga, na presentación da terceira edición do Ciclo Rock entre pedra e poesía, que se celebrará no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova o 24 de xullo co concerto de Luz Casal.
O delegado territorial sinalou que iniciativas como as que hoxe estamos a presentar, patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música de sempre, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense.
O prezo das entradas, xa á venda en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 35 euros mías gastos de xestión da empresa distribuidora e o aforo dos mesmos terá un máximo de 800 persoas sentadas con asiento garantido por orde de chegada. A hora de comezo será ás 22,00 horas.