A Xunta recibe 13 ofertas para executar a obra da senda que unirá Pontevedra con Marín
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A intervención no treito Mollavao-Praceres, licitada por preto de 6,3M€, permitirá executar 3,5 quilómetros de itinerario pola marxe dereita desta vía autonómica, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil
- Das 13 ofertas presentadas para executar estas obras, 3 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 16 empresas
- Na intervención destaca a redución da velocidade dos vehículos coa execución dunha glorieta á altura do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, facilitando o cambio de sentido e o acceso ao aparcadoiro disuasorio en execución
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2024
A Xunta recibiu 13 ofertas para executar a obra da senda que unirá Pontevedra con Marín, na coñecida como a estrada vella de Marín, no treito Mollavao-Praceres.
Esta intervención, licitada por preto de 6,3 M€, permitirá habilitar un itinerario de 3,5 quilómetros de lonxitude pola marxe dereita da PO-546, cun ancho que oscila entre os 2,5 e os 4 metros, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil.
A actuación, que conta cun prazo de execución de 18 meses, prestará especial coidado á seguridade e obrigará a reducir a velocidade dos vehículos, grazas á glorieta que se construirá á altura do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.
Esta glorieta facilitará, ademáis, o cambio de sentido dos vehículos que proceden de Marín e que queren acceder ao aparcadoiro disuasorio, tipo carpooling, que se está construíndo apoiándose na traza da propia senda, na contorna do quilómetro 2+800 da PO-546.
Na obra incluirase a mellora tamén das paradas de transporte público, así como na renovación da iluminación do treito e a construción de dúas pasarelas, unha de máis de 120 metros sobre o rego de Louriñas e outra de 45 metros sobre O Sartán. Esta actuación complementase coas obras xa executadas na mesma PO-546 tanto no treito urbano de Marín, coma en Estribela, Pontevedra.