Do 24 de xuño ao 4 de xullo estará aberto o prazo de solicitudes para cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación participa no Consello Galego de FP onde se avanzou o calendario que se pode consultar no Portal Educativo
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024
Desde o 24 de xuño ata o 4 de xullo estará aberto o prazo de solicitude para cursar unha titulación de Formación Profesional nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso que vén de habilitar a Xunta de Galicia para o próximo curso 2024-25, un 11% máis que no presente curso.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou as datas durante a xuntanza da comisión do Consello Galego de Formación Profesional, onde estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez.
Quen desexe estudar un ciclo de FP o próximo curso poderá escoller entre 214 titulacións diferentes -17 delas de nova implantación- repartidas en 153 ciclos de grao medio, básico e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.
As principais datas, que poden consultarse no Portal Educativo con detalles para cada unha das modalidades, son as seguintes:
Oferta | Presentación de solicitudes | Listaxe provisional de solicitudes | Listaxe definitiva de solicitudes Listaxe de prazas adxudicadas | Período de matrícula para as persoas admitidas |
Ordinario/modular | Do 24 de xuño ás 9,00 h. ao 4 de xullo ás 13,00 h. | 10 de xullo | 17 de xullo | Do 17 de xullo desde as 9,00 h. ao 22 de xullo ás 13,00 h. (para a 1ª adxudicación) |
FP Dual Intensiva | Do 24 de xuño ás 9,00 h. ao 4 de xullo ás 13,00 h. | 8 de xullo | 12 de xullo (do 8 ao 12 de xullo haberá un período de selección polo centro educativo e as empresas) Prazas adxudicadas e en espera o 15 de xullo | Do 16 de xullo ás 9,00 h. ao 24 de xullo ás 13,00 h. |
Másteres de FP | Do 24 de xuño ás 9,00 h. ao 4 de xullo ás 13,00 h. | 10 de xullo | 17 de xullo | Do 17 de xullo ás 9,00 h. ao 22 de xullo ás 13,00 h. |