Martina Aneiros reafirma o compromiso do Goberno galego co emprendemento e a xeración de emprego en Ferrolterra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Interesouse polos proxectos e iniciativas promovidas por esta entidade de recente constitución e expuxo as ferramentas autonómicas de apoio ao sector, entre elas a novidosa convocatoria do Bono Remuda para impulsar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no tecido produtivo

Narón (A Coruña), 7 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, reuniuse esta mañá coa directiva e socias da asociación Mulleres Ártabras coa finalidade de coñecer os proxectos e iniciativas promovidas por esta entidade do ámbito empresarial nacida o pasado ano e que axunta ata o momento a 51 mulleres emprendedoras das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Durante o encontro no que participou a presidenta da entidade, Marga Carballo, Aneiros expuxo as ferramentas autonómicas de apoio neste ámbito como as axudas ao emprendemento, o programa bono das persoas autónomas ou o plan Galicia Emprega  con incentivos á contratación por conta allea e á formación, entre outros.

Destacou especialmente a recente convocatoria do Bono Remuda coa que o Goberno galego busca fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego. Esta nova liña de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta cun orzamento de 1,5 M€  e está destinada a financiar parte dos gastos aboados en concepto de traspaso polas persoas que se fagan cargo dos negocios, facilitando a actividade. 

Tal e como explicou, primarán especialmente as transmisións no rural e, dentro destas, que sexan persoas retornadas ou estranxeiras quen se fagan cargo das empresas que pechan por xubilación ou causas sobrevidas, co gallo de fixar poboación. As solicitudes poden presentarse ata o 30 de outubro.

Para rematar a delegada territorial puxo en valor a Rede de Polos de Emprendemento que conta actualmente con 13 centros en toda Galicia, entre eles o polo Rías Altas e Arco Ártabro, ao que están adscritos os municipios da zona. "Os polos son un referente de proximidade para todo aquel que queira materializar unha idea de negocio. Neles poden acceder a servizos de asesoramento e acompañamento continuado e estarán titorizados por profesionais", indicou Aneiros.

A asociación Mulleres Ártabras naceu en 2023 co obxectivo de crear unha rede de apoio profesional e emocional entre empresarias autónomas da comarca con ganas de aprender e crecer. Actualmente está formada por un grupo de profesionais de diferentes sectores como sanidade, o benestar persoal, a formación, a celebración de eventos ou o téxtil.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248961 {"title":"Martina Aneiros reafirma o compromiso do Goberno galego co emprendemento e a xeración de emprego en Ferrolterra","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150734\/MulleresArtabras.jpg","id":"248961"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248961-martina-aneiros-reafirma-compromiso-do-goberno-galego-co-emprendemento-e-xeracion-emprego-ferrolterra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.