A Xunta anima ás persoas maiores a vivir unha xubilación activa e chea de actividades

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Goberno galego impulsou este mesmo ano o Carné +65 que ofrece descontos, viaxes e actividades para os máis de 700.000 maiores galegos

Ribeira (A Coruña), 7 de xuño de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no acto de diplomatura do programa universitario de maiores IV Ciclo que o Goberno galego impulsa coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Durante o encontro, que tivo lugar en Ribeira, o director xeral animou os maiores a seguir vivindo unha xubilación activa, chea de actividades e na que sacien a súa curiosidade e ganas de aprender.

Antón Acevedo lembrou que o Goberno galego está adaptando as súas políticas ás novas necesidades das persoas maiores. Neste sentido, apuntou que cumprir os 65 anos non implica na actualidade converterse en potencial dependente, senón que é unha oportunidade para vivir máis, emprender novos proxectos ou recuperar vellos soños. Por iso, a Xunta está a impulsar máis programas e axudas que lles permitan a todos eles ter unha xubilación activa que responda as súas preferencias.

O Goberno galego está a enviar aos fogares dos máis de 700.000 galegos maiores de 65 anos o Carné +65. Un carné 100% gratuíto que lles permite optar a descontos, viaxes e outras actividades do seu interese. Ademais, a Xunta segue a reforzar o programa Benestar en Balnearios, que ofrece estadías en complexos termais de toda a Comunidade; ou tamén dos programas de formación como este IV Ciclo, que lles axudan a estar activos e seguir formándose.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248959 {"title":"A Xunta anima ás persoas maiores a vivir unha xubilación activa e chea de actividades","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150734\/20240607_DXMaioresIVCiclo.jpg","id":"248959"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248959-xunta-anima-as-persoas-maiores-vivir-unha-xubilacion-activa-e-chea-actividades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.