Román Rodríguez salienta o impulso da FP na comarca de Salnés-Arousa, que medra case un 9% ata acadar as 1.525 prazas novas a partir de setembro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro subliña o reforzo da oferta de FP Dual Intensiva e dos másteres con novos ciclos en Vilagarcía e Sanxenxo
  • Agradece a implicación de Thune Eureka, que amplía a colaboración con tres novos proxectos incluído un dos 13 títulos de alta especialización exclusivos de Galicia
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 7 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou esta mañá as instalacións da empresa Thune Eureka en Vilagarcía de Arousa, para coñecer de primeira man a súa experiencia coa FP Dual Intensiva desde o curso 2022-23, unha colaboración que se vai reforzar para o vindeiro 2024-25 con novas prazas e proxectos.

Na súa visita, na que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, o conselleiro subliñou o incremento da FP na comarca de Salnés-Arousa, especialmente na Dual intensiva e nos másteres, que se materializa nun incremento de preto dun 9% ata acadar as 1.527 de novo ingreso para o próximo curso.

En Vilagarcía de Arousa, o conselleiro destacou o reforzo da FP Dual intensiva no Centro Integrado de FP CIFP Fontecarmoa, con 22 novas prazas no ciclo de grao medio Instalacións eléctricas e automáticas, ou novo grupo de Mecatrónica Industrial. No que atinxe aos másteres, entran novos o de Redacción de contidos dixitais para márketing e vendas no Fontecarmoa e o de Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información no Instituto IES Armando Cotarelo Valledor. Así mesmo, en FP Dual xeral entran en funcionamento novos grupos do grao superior de Comercio Internacional e Documentación e administración sanitaria, con 50 prazas cada un deles.

Na mesma comarca, en Sanxenxo ofértase como novidade para o vindeiro curso o ciclo de FP Dual Intensiva de Automoción, que se impartirá por primeira vez no Instituto IES de Vilalonga, con 22 prazas.

Colaboración con Thune Eureka en alta especialización

O titular de Educación explicou que esta oferta "ampla, variada e de calidade", que acada as 46.714 prazas de novo ingreso no conxunto de Galicia, é froito "dun labor de coordinación e de colaboración" entre administración e tecido socio-produtivo como é o caso da empresa Thune Eureka, a quen agradeceu a súa implicación coa Formación Profesional galega.

Precisamente, froito da demanda desta firma especializada como provedora de servizos completos de fabricación de bens, a partir de setembro empezará a impartirse o título de alta especialización de Mantemento electromecánico con oferta parcial do ciclo medio de Mecanizado no Instituto IES Plurilingüe de Valga, un dos 13 novos deste tipo que haberá en Galicia. 

Román Rodríguez explicou a importancia do proceso "de escoita previa" por parte da administración para deseñar unha oferta de FP axustada ás preferencias do alumnado e ás demandas do tecido socioeconómico. A este reto responde precisamente o deseño de titulacións de alta especialización "que son exclusivas de Galicia e que están feitas á medida de cada empresa", especificou.

Así pois, a colaboración da Xunta con Thune Eureka en materia de FP reforzarase de cara ao vindeiro curso  cun total de ciclo prazas ofertadas. Unha delas é a mencionada de alta especialización en Valga e outras catro correspóndense co ciclo de FP Dual Intensiva de Soldadura e caldeiraría (dúas no Instituto Plurilingüe de Valga e outras dúas no Instituto Johan Carballeira de Bueu), que comezarán a impartirse a partir de setembro logo de pechar os acordos de colaboración pertinentes.

Estas prazas engádense ás dúas de FP Dual Intensiva de Mecanizado que comezaron este ano no Centro Integrado de FP CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía) e que continuarán o vindeiro curso.  

Todos estes ciclos forman parte da familia profesional de Fabricación mecánica, cuxa oferta medra preto dun 16% ata acadar as 2.107 prazas novas no vindeiro curso.     

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/06/2024
248956 {"title":"Román Rodríguez salienta o impulso da FP na comarca de Salnés-Arousa, que medra case un 9% ata acadar as 1.525 prazas novas a partir de setembro","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"248956"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248956-roman-rodriguez-salienta-impulso-da-fp-na-comarca-salnes-arousa-medra-case-9-ata-acadar-as-1-525-prazas-novas-partir-setembro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.