A Xunta de Galicia compromete o seu apoio ao tecido industrial ligado á madeira con axudas que este ano xa acadan os 10M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe na xornada de clausura da asemblea anual da Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga)

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, reiterou hoxe o apoio da Xunta ao tecido industrial galego ligado á madeira, con axudas ao sector que este ano xa acadan os 10M€ e apostando por darlle novos usos a este recurso propio.

Aboal, acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe na xornada de clausura da asemblea anual da Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga), onde recoñeceu o labor que vén facendo esta entidade, en colaboración coa Administración autonómica, a prol do sector forestal galego. Na súa intervención, avogou por mobilizar a madeira como recurso propio, "baixo criterios de sustentabilidade e racionalidade, xerando emprego e loitando contra o abandono e os incendios forestais".  

O director de Xera lembrou, tamén, as diferentes liñas de axudas da Xunta para fomentar a actividade do sector forestal-madeira. Achegas como as destinadas a impulsar proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais na construción, nas que se dá preferencia a produtos de montes galegos xestionados de xeito sustentable con algunha das certificacións PEFC/FSC ou que dispoñan da marca de garantía Pino de Galicia.

Outra das liñas de apoio ás que fixo referencia foron as que están destinadas a fomentar a dixitalización e a innovación nas pequenas e medianas empresas do sector; para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos; e tamén ás destinadas á valorización das pemes da primeira e segunda transformación e do segmento do contract ligadas á cadea monte-industria.

Así mesmo, tamén salientou as achegas para formar e difundir os produtos e servizos dos bosques galegos, dirixidas tanto a asociacións como Fearmaga, como a fundacións, colexios profesionais ou centros universitarios. Ao respecto, lembrou o bo resultado que están a obter á hora de contribuír á formación dos estudantes e profesionais ligados ao tecido industrial forestal de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248951 {"title":"A Xunta de Galicia compromete o seu apoio ao tecido industrial ligado á madeira con axudas que este ano xa acadan os 10M€","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150734\/07062024+XeraFearmaga.jpeg","id":"248951"} galicia C. de Economía e Industria; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248951-xunta-galicia-compromete-seu-apoio-ao-tecido-industrial-ligado-madeira-axudas-ano-xa-acadan-os-10m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.