Gómez Caamaño destaca o Plan Estratéxico de Transformación e Saúde Dixital como exemplo do compromiso da xunta para modernizar o sistema galego de saúde

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Durante a vixencia deste Plan, 2023-2026, a Consellería de Sanidade traballará na xestión intelixente dos datos e no uso da tecnoloxía avanzada para acadar unha atención máis eficiente e de maior calidade
  • O conselleiro destaca a historia clínica electrónica IANUS 5 como unha iniciativa de dixitalización da Xunta que é referencia para moitas autonomías

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, inaugurou esta tarde a I Xornada de Saúde virtual e dixitalización, compartindo experiencias, un acto no que puxo en valor o Plan Estratéxico de Transformación e Saúde Dixital 2023-2026 como exemplo do compromiso da Xunta coa modernización do sistema sanitario público galego.

Segundo apuntou Gómez Caamaño, co desenvolvemento deste plan, a Consellería de Sanidade está a centrar os seus esforzos na xestión intelixente dos datos e no uso da tecnoloxía avanzada para transformar o sistema sanitario público de Galicia.

Así, e acompañado polo director da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, o titular de Sanidade avogou por seguir mellorando a accesibilidade e a conectividade dos servizos sanitarios galegos, ademais de apostar pola automatización de todos aqueles procesos que permitan acadar unha atención máis eficiente e de maior calidade.

O conselleiro puxo como exemplo desta aposta pola dixitalización a historia clínica electrónica única de Galicia, a IANUS 5, unha ferramenta que serve de referencia a moitas outras autonomías.

"Debemos traballar xuntos para garantir unha mellora na relación médico-paciente, e tamén para asegurar a viabilidade dos nosos sistemas de saúde", salientou.

O titular de Sanidade rematou a súa intervención agradecendo aos  representantes dos diferentes sistemas sanitarios autonómicos (Castela e León,  Principado de Asturias, Cataluña, Comunidade de Madrid, Andalucía e Castela-A Mancha), que se achegarán até Galicia para compartir durante as xornadas de hoxe e mañá as súas experiencias e proxectos sanitario-tecnolóxicos que contaron con máis éxito.

Importancia da telemedicina para optimizar a relación médico-paciente

Desde Abbott Diabetes Care, patrocinadores das xornadas, incidiron en que o avance da telemedicina está permitindo optimizar a relación-médico paciente, polo que é esencial enfocar a dixitalización da saúde cara ao factor máis humano.

Destacan, como paradigmático nos distintos servizos de saúde autonómicos, o caso da diabetes. Así, a incorporación dos sistemas de monitorización de glucosa en cada rexión permite ter numerosas experiencias de vangarda que melloraron a xestión da diabetes, tanto a nivel persoal, como desde o punto de vista profesional, ao achegar beneficios como as lecturas de glucosa automáticas no móbil e a posibilidade de axustar o tratamento a distancia. Estes exemplos servirán para continuar avanzando cara a era dixital nun contexto de cronificación das patoloxías.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246319 {"title":"Gómez Caamaño destaca o Plan Estratéxico de Transformación e Saúde Dixital como exemplo do compromiso da xunta para modernizar o sistema galego de saúde","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150731\/20240606+Conselleiro+Sanidade+Xornadas+Saude+Virtual1.jpg","id":"246319"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246319-gomez-caamano-destaca-plan-estratexico-transformacion-e-saude-dixital-como-exemplo-do-compromiso-da-xunta-modernizar-sistema-galego-saude https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.