A Policía Autonómica levanta cinco actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado no festival O Son do Camiño
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Catro dos levantamentos foron a postos ambulantes localizados nas proximidades do evento que carecían de cartel informativo da prohibición de venda e subministración de alcohol a menores, así como de licenza municipal de actividade
- Os axentes identificaron tamén 103 menores de idade e levantaron acta a outro por portar papelinas dunha presunta substancia estupefaciente
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024
Axentes da xefatura provincial da Policía Autonómica en Santiago levaron a cabo un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade no festival O Son do Camiño, celebrado a pasada semana en Compostela e de cuxo dispositivo de protección e seguridade formou parte este corpo policial. Como resultado das inspeccións identificouse 103 menores e levantáronse cinco actas de infracción
O levantamento de catro das actas foi a postos ambulantes localizados nas proximidades do evento por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010 en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores. Os establecementos carecían tanto de cartel informativo da prohibición de venda e subministración de alcohol a menores como de licenza municipal de actividade. Outra das actas levantouse a un menor identificado nas inmediacións do festival, que portaba papelinas dunha presunta substancia estupefaciente.
O dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e o subministración a menores de idade, tanto en locais de ocio como bares, pubs ou discotecas coma en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecementos expedendores de alcohol e tabaco. Tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito.
A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de ocio frecuentadas por menores de idade. Os obxectivos pasan por acadar que os establecementos se axusten á normativa en materia de alcohol e tabaco, pero tamén moi especialmente que os menores de idade adopten pautas de conduta saudables, evitando o consumo destes produtos a idades temperás polas importantes repercusións para a saúde que teñen estes consumos na mocidade.