A nova edición da campaña Días Azuis da Xunta e a Federación Galega de Comercio sorteará 20.000 euros en premios para estimular a demanda no sector

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación desta iniciativa que terá lugar entre o 10 e o 30 de xuño e que está aberta aos arredor de 20.000 comercios de Galicia
  • Gabriel Alén destacou a importancia de accións coma esta para facilitar o desenvolvemento da actividade comercial, impulsar as vendas de comercio polo miúdo e garantir o mantemento dos negocios promovendo a remuda xeracional
  • O ano pasado esta iniciativa distribuíuse entre 160 asociacións de Galicia, chegou a 18.000 establecementos e rexistrou máis de 120.000 participacións
  • Os premios do sorteo desta edición consistirán en tarxetas de prepago de 250 e 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos e para participar as persoas consumidoras deben rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación da 12ª edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que se desenvolverá entre o 10 e o 30 de xuño e que está aberta aos arredor de 20.000 establecementos comerciais de Galicia. No marco desta iniciativa sortearanse 20.000 euros en premios co fin de estimular a demanda, o comercio de proximidade, reactivar o consumo e dinamizar o sector.

A campaña é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca.

Durante a presentación, o director xeral salientou a importancia do pequeno comercio para consolidar o emprego e favorecer a posta en marcha de novas iniciativas emprendedoras. Nesta liña, puxo de relevo a importancia de accións coma esta para facilitar o desenvolvemento da actividade comercial, impulsar as vendas polo miúdo e, ao mesmo tempo, garantir o mantemento dos negocios promovendo a remuda xeracional.

Ademais, engadiu Gabriel Alén, este tipo de actividades contribúen a visibilizar e crear relacións de afinidade co comercio de proximidade, posicionando a súa imaxe, as súas vantaxes e características xeradoras de confianza. De feito, na edición anterior esta campaña distribuíuse entre 160 asociacións de Galicia, chegou a 18.000 establecementos e rexistrou máis de 120.000 participacións.

Participación

Poderán participar nesta edición todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña e coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos atendendo ao que establecen as bases da campaña.

Para participar deben rexistrar directamente a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador).  A participación tamén pode ser rexistrada polo comerciante a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

A campaña inclúe material de promoción que estará dispoñible nos comercios, como folletos, carteis informativos e cartas explicativas coas bases da campaña. Os establecementos tamén poden promocionar esta iniciativa nas súas redes sociais co cancelo #díasazuis e, a maiores, poden realizar accións complementarias durante a campaña como descontos especiais e actuacións, entre outras.

Colaboración e outras accións

Esta campaña enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do comercio. Nel inclúense outras accións como consolidar unha Oficina de orientación, asesoramento e información ao comercio galego e de formación no asociacionismo, prestando especial atención ao emprendemento, cualificación e mantemento da actividade, e tamén o mantemento da Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, dirixida a axilizar e mellorar a relación e o contacto coa clientela.

Súmase a outras accións para impulsar o comercio local como o Bono remuda, unha convocatoria novidosa da Xunta que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia cun orzamento de 1,5 millóns de euros para fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego. Tamén o Bono Activa Comercio, que na súa  5ª edición logrou mobilizar 12 millóns de euros en vendas con case 7.000 negocios adheridos en toda Galicia e que se reeditará en outono.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246034 {"title":"A nova edición da campaña Días Azuis da Xunta e a Federación Galega de Comercio sorteará 20.000 euros en premios para estimular a demanda no sector","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"246034"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246034-nova-edicion-da-campana-dias-azuis-da-xunta-e-federacion-galega-comercio-sorteara-20-000-euros-premios-estimular-demanda-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.