A Xunta reforza o apoio ao sector aeroespacial para gañar en competitividade e impulsar a política industrial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ardao destacou que UNVEX contribúe a visibilizar as capacidades, o talento e as tecnoloxías desenvolvidas polas empresas e centros de coñecemento galegos
  • Este evento de referencia no segmento dos sistemas non tripulados que se celebra na Fira de Barcelona conta, un ano máis, cunha destacada presenza galega
Imagen del artículo A Xunta reforza o apoio ao sector aeroespacial para gañar en competitividade e impulsar a política industrial
Barcelona, 5 de xuño de 2024

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe na segunda xornada de UNVEX, un evento de referencia dos sistemas non tripulados que se celebra na Fira de Barcelona estes días. No marco do Spotlight, Ardao destacou o impulso que o Goberno galego quere dar ao sector aeroespacial baixo o paraugas dunha nova política industrial, baseada na innovación e no reforzo dos apoios necesarios para convertelo nunha panca de xeración de emprego e riqueza na Comunidade.

A directora xeral referiuse á ampla participación de empresas e centros de coñecemento do Polo Aeroespacial de Galicia en UNVEX 2024 e sinalou que a presenza en eventos de referencia como este contribúen á diversificación de mercados e produtos da industria aeroespacial galega, e a dar visibilidade ás posibilidades que Galicia ofrece ao sector.

Neste marco, Margarita Ardao puxo en valor o recente cambio na estrutura de goberno que reúne por primeira vez na Consellería de Economía e Industria todas as competencias sobre solo industrial e as necesarias para impulsar plans directores dos distintos sectores e a competitividade do tecido produtivo. "Isto - subliñou - está a permitirnos ofrecer unha xanela única para que toda aquela empresa que queira desenvolver en Galicia un proxecto industrial, sexa do sector que sexa, e isto inclúe o aeroespacial, o faga cos máximos apoios, garantías e do xeito máis sinxelo".   

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial lembrou que o Executivo autonómico vén prestando apoio a este sector desde hai anos cunha política integral focalizada en apoiar ás empresas galegas a entrar nas cadeas de valor das grandes firmas do sector aeroespacial en España; en crear infraestruturas científicas e tecnolóxicas de primeiro nivel; en dotalo de solo industrial especializado; e en apoiar a competitividade nacional e internacional das súas empresas.

Ardao tamén subliñou o crecemento en termos de emprego do sector aeroespacial desde o ano 2015, que alcanzou un 59%, moi por enriba do 16% que creceron outros sectores económicos da rexión. "Hoxe hai máis de 4.000 persoas traballando en 177 empresas do sector en Galicia - dixo - a maioría PEMES de alta tecnoloxía de alto crecemento". "Fomos pioneiros no apoio ao segmento de vehículos non tripulados e seremos pioneiros no paso adiante que supón volver a poñer o foco na política industrial", rematou.

Participación en UNVEX

Coa súa presenza e apoio a esta novena edición de UNVEX, o Polo Aeroespacial de Galicia está dando a coñecer o traballo realizado na Comunidade para converter a industria aeroespacial nun dos sectores estratéxicos de Galicia, amosando o valor das infraestruturas do Polo como centro de ensaios de referencia en Europa e as capacidades e o elevado potencial que teñen as empresas, pemes, centros tecnolóxicos e universidades galegas.

Xunto co Polo tamén están presentes en UNVEX o Consorcio Aeroespacial Gallego e representantes da industria como os socios estratéxicos da Xunta na Civil UAVs Initiative Aertec, Airbus, Avincis, Tecnobit (Grupo Oesía), Telespazio e empresas, centros tecnolóxicos e Universidades como Acre, Aeromedia, Aguia, CATEC, Centum Research & Technology, Cuatro Digital, GMV, Gradiant, Instituto Tecnolóxico de Galicia,  Proteus, The Drone MBA e a Universidade da Coruña.

A Civil UAVs Initiative ten dúas mesas propias en UNVEX, enmarcadas no Teatro de Solucións e Experiencias. Na celebrada onte participaron a secretaria técnica do Consorcio Aeroespacial Gallego, Jennifer González; o profesor da Universidade da Coruña, Santiago Hernández; o director de ventas para os mercados de Europa Oriental e Occidental de Centum Research & Technology, Daniel Gallego; o director executivo de The Drone MBA, Jaime Barrero; e un representante da empresa participante na Business Factory Aero Vig-Sec Drone.

Na mesa de hoxe interviñeron o director do Polo Aeroespacial de Galicia, Emilio Astray; o director de Produto de Teledetección en Telespazio, Jesús Pavón; o director executivo de Aguia, Javier Losada; o director de Desenvolvemento e Estratexia UAS de Avincis, David Pérez; o enxeñeiro de Aviónica e Sistemas de CATEC, Francisco Javier Garrido; e o director de Emerxencias e Seguridade de Aeromedia UAV, César Ortega.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/06/2024
243642 {"title":"A Xunta reforza o apoio ao sector aeroespacial para gañar en competitividade e impulsar a política industrial","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/20240605+DXEISEfeiraUnvex_2.jpg","id":"243642"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243642-xunta-reforza-apoio-ao-sector-aeroespacial-ganar-competitividade-e-impulsar-politica-industrial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.