Arias destaca as taxas de inserción laboral dos programas integrados de emprego que impulsan a Xunta e a APEHL

Imagen del artículo Arias destaca as taxas de inserción laboral dos programas integrados de emprego que impulsan a Xunta e a APEHL

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Alcanzan xa a novena edición, sumando 2 millóns de euros de investimento autonómico e arredor de 450 traballadores e traballadoras incorporadas ao sector da hostalería

Lugo, 5 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe as elevadas taxas de inserción laboral que acadan os Programas Integrados de Emprego que promove a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL) e financia a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

A entidade está a desenvolver a novena edición desta iniciativa, á que se destinan 220.000 euros. Con este orzamento, supéranse os 2 millóns de euros de investimento autonómico na proposta, con máis de 450 traballadores e traballadoras incorporadas ao sector.

Arias participou na charla coloquio na que usuarios do programa puideron coñecer a traxectoria e os puntos de vista dos empresarios lucenses Alejandro Méndez, do restaurante Os Cachivaches, e Alberto García, de Eventos Mesón de Alberto.

O delegado afirmou que o carácter práctico das actividades contribúe a formar os profesionais cualificados que demanda o tecido empresarial e explica que máis do 50% dos participantes obteñan un posto de traballo ao rematar.

O programa ofrece 100 prazas e organízase en distintas propostas ao longo dun ano que se levan a cabo en Lugo e Monforte de Lemos. Está dirixido principalmente a mozos e mozas de menos de 30 anos, e tamén reserva prazas para persoas inmigrantes, en situación de discapacidade ou maiores de 45 anos, entre outros colectivos.

Algunhas das accións que se propoñen son específicas para o emprego, como coñecementos de inglés para atención ao cliente, labores de camareiros e camareiras de piso, manipulador de alimentos e axudante de restaurante, bar ou cociña. Outras proporcionan habilidades transversais, como ferramentas para a busca de emprego, para traballar na  marca persoal ou facilitar a mobilidade laboral.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243520 {"title":"Arias destaca as taxas de inserción laboral dos programas integrados de emprego que impulsan a Xunta e a APEHL","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150773\/050624+Coloquio+Programa+Integrado+Emprego+APEHL+1.jfif","id":"243520"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243520-arias-destaca-as-taxas-insercion-laboral-dos-programas-integrados-emprego-impulsan-xunta-e-apehl https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.