A Xunta pon en valor a Rede de Polos de emprendento e apoio ao emprego que prestou asesoramento a 45 proxectos da comarca de Pontevedra

Poio (Pontevedra), 5 de xuño de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Poio (Pontevedra) na apertura da Xornada de Emprendemento no Camiño coa que colabora a Xunta para impulsar o traballo por conta propia en Galicia.

Fernández expuxo as ferramentas autonómicas de apoio neste ámbito e, así, puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego coa que a Administración autonómica está a prestar asesoramento ás persoas emprendedores en calquera fase na que se atope o seu proxecto, desde o principio ao fin. Nestes intres existen 13 centros en activo que se ampliarán ata 15 con dous novos centros, en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e Sarria (Lugo).

Con esta Rede atendéronse xa, en escasos dous anos, 1.900 iniciativas empresariais (523 na provincia de Pontevedra), fixéronse máis de 5.000 titorías (1.164 na provincia pontevedresa), arredor de 450 reunións con entidades do territorio e centos de accións entre formacións e eventos propios e externos en toda Galicia.

Na comarca de Pontevedra (Pontevedra, Poio, Barro, Campo Lameiro, A Lama, Ponte Caldelas, Vilaboa e Cercedo-Cotobade) lévanse atendidos un total de 45 proxectos relacionados na súa maioría co comercio, coa educación e cos servizos. Destes, 28 son da cidade de Pontevedra, relacionados principalmente coa educación e co comercio, e 5 de Poio (comercio, educación, servizos, actividades sanitarias e de servizos sociais e hostalaría).

O secretario xeral indicou, ademais, a aposta do Goberno galego por avaliar o ecosistema de entidades que asesoran o emprendemento apostando pola coordinación pola vía da especialización. Referiuse á configuración da futura Estratexia galega de emprendemento que se baseará nun estudo previo de mercado e coa que se pretende dar un impulso coordinado a este eido coa implicación de todos os axentes do ecosistema de emprendemento de Galicia.

No eido do emprendemento, a Xunta tamén conta co Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios, constituíndose como unha bolsa de substitución de negocios. Este Plan completarase en vindeiras datas cunha orde de axudas para impulsar os procesos de remuda xeracional, destinada a financiar parte dos gastos aboados en concepto de traspaso polas persoas que se fagan cargo dos negocios, facilitando a actividade.

Para rematar, o secretario xeral de Emprego incidiu na aposta do Goberno galego polo diálogo e pola colaboración público-privada para seguir a facer de Galicia unha terra de oportunidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243512 {"title":"A Xunta pon en valor a Rede de Polos de emprendento e apoio ao emprego que prestou asesoramento a 45 proxectos da comarca de Pontevedra","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"243512"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243512-xunta-pon-valor-rede-polos-emprendento-e-apoio-ao-emprego-prestou-asesoramento-45-proxectos-da-comarca-pontevedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.