A Xunta confirma o apoio ás persoas con discapacidade e en risco de exclusión na empresa ordinaria con axudas á contratación de preparadores laborais

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas achegas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ás que se destinan 450.000 euros
  • As solicitudes de axuda poden presentarse desde mañá ata o próximo 30 de setembro
  • En 2023 participaron no programa 27 preparadores e preparadoras laborais que apoiaron 85 persoas con discapacidade e en risco de exclusión nos seus postos de traballo na empresa ordinaria

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada ao emprego con apoio, unha iniciativa coa que o Goberno galego financia os custos laborais derivados da contratación de preparadores laborais que presten apoio a persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no seu traballo nunha empresa, co fin de favorecer a súa integración laboral. As axudas poden solicitarse ata o próximo 30 de setembro.

Poden beneficiarse das achegas asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como os centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social beneficiarias das accións con apoio. Tamén poden optar as empresas e as persoas traballadoras autónomas que contraten persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

Con estes apoios sufrágase ata o 100% do custo salarial da persoa preparadora nas seguintes contías: 8.500 euros anuais por cada persoa traballadora apoiada con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%; 5.500 euros anuais nos mesmos casos anteriores pero cando as persoas traballadoras conten cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%; 3.500 euros anuais por cada persoa traballadora apoiada con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65% e persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%; e 1.625 euros anuais por cada persoa traballadora apoiada con capacidade intelectual límite.

Estas axudas terán un incremento do 25% acumulables entre si se a empresa radica nun concello rural, ou as persoas preparadoras laborais que se van contratar son maiores de 45 anos, mulleres, persoas trans ou emigrantes retornadas ou estranxeiras.

O programa de emprego con apoio inclúe, ademais, apoios aos desprazamentos dos preparadores laborais das entidades que subscriban convenios de colaboración cun máximo de 2.500 euros de axuda por persoa preparadora.

Cómpre engadir que no ano 2023 participaron no Programa 27 preparadores e preparadoras laborais, que apoiaron 85 persoas con discapacidade e en risco de exclusión nos seus postos de traballo na empresa ordinaria.

Outros apoios da Xunta

A iniciativa forma parte da estratexia da Xunta para impulsar a contratación das persoas con discapacidade e en risco de exclusión na empresa ordinaria, un colectivo con especiais dificultades de acceso ao emprego e de permanencia no mercado laboral.

A maiores, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta con programas como o Galicia Emprega -con prazo de solicitude aberto tamén ata o próximo 30 de setembro- que promove neste caso a súa contratación, indefinida ou temporal e a xornada completa,  a través de incentivos de 14.000 euros por persoa. Tamén hai un bono de formación opcional de 4.000 euros por cada persoa con contrato indefinido.

O programa Galicia Emprega conta con 17,5 millóns de euros dos cales 3 millóns se dedican en exclusiva á contratación de persoas con discapacidade e en risco de exclusión.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240605/AnuncioG0767-230524-0003_gl.html

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243269 {"title":"A Xunta confirma o apoio ás persoas con discapacidade e en risco de exclusión na empresa ordinaria con axudas á contratación de preparadores laborais","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"243269"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243269-xunta-confirma-apoio-as-persoas-discapacidade-e-risco-exclusion-na-empresa-ordinaria-axudas-contratacion-preparadores-laborais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.