Miranda traslada unha mensaxe de permanente cercanía e normalidade aos representantes da colectividade galega na Arxentina

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral da Emigración explicou as vantaxes do Carné Xove Mocidade Exterior ás entidades galegas en Bos Aires e pide colaboración para trasladalo aos seus asociados e ao resto de mozos galegos

Bos Aires (Arxentina), 4 de xuño de 2024

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe, xunto o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, con representantes da colectividade galega en Arxentina, onde destacou a importancia de manter a normalidade no traballo e a confianza ante a situación actual. "Constatei que todo segue a desenvolverse coa normalidade do cotiá tanto para os galegos a título individual como para as entidades que os acollen", subliñou Miranda.

Durante o encontro, o secretario Xeral agradeceu a comunicación constante que mantén o delegado da Xunta de Galicia coas entidades galegas en Arxentina, asegurando que a Delegación da Xunta está a atender as persoas e colaborando na tramitación dos programas coma todos os anos, para atender as necesidades da diáspora galega no país.

Antonio Rodríguez Miranda aproveitou a oportunidade para agradecer o traballo e o esforzo dos representantes da colectividade galega en Arxentina, quen desempeñan un papel fundamental na preservación e promoción da cultura galega no exterior. "O compromiso e a dedicación destas entidades son fundamentais para manter vivos os nosos lazos culturais e sociais, e para asegurar que a nosa comunidade no exterior siga prosperando", afirmou.

O secretario fixo unha análise dos programas da secretaría, tanto os de carácter social como aqueles de carácter cultural, así como os destinados ao apoio propios das  entidades galegas na Arxentina.

Este proceso de revisión e avaliación permitiu constatar que a práctica totalidade destes programas xa están nunha fase avanzada, mentres que o resto se publicarán nos próximos días, seguindo a planificación prevista.

Ademais, a Secretaría Xeral está a traballar intensamente na organización de eventos culturais, en estreita colaboración coa nosa delegación en Bos Aires. Estas actividades teñen como obxectivo fortalecer os lazos culturais e sociais entre Galicia e Arxentina.

Neste contexto, anunciou a próxima visita do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración a Buenos Aires nos próximas meses. Esta visita servirá para reforzar os vínculos e a cooperación coa comunidade galega en Arxentina, así como para presentar os avances e as novas iniciativas que se están a implementar desde a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, con especial atención aos programas de retorno.

Para rematar, Miranda explicou ao colectivo galego en Bos Aires as vantaxes da iniciativa do Carné Xove Mocidade Exterior, unha ferramenta que busca asegurar que os mozos galegos, tanto en Galicia como no exterior, desfruten dos mesmos beneficios e oportunidades.

Durante a súa presentación, Miranda destacou a importancia desta tarxeta, que ofrece acceso gratuíto e indefinido a unha ampla gama de descontos e vantaxes en servizos e establecementos en Galicia, España e preto de 40 países europeos.

Ademais, fixo un chamamento á colaboración do conxunto das entidades galegas para difundir a existencia do Carné Xove entre a mocidade residente en Bos Aires, subliñando o compromiso da Xunta de Galicia coa súa xuventude e a importancia de axudar ás familias a manter vivos os lazos culturais e sociais das novas xeracións coa Galicia territorial.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
241455 {"title":"Miranda traslada unha mensaxe de permanente cercanía e normalidade aos representantes da colectividade galega na Arxentina","published_date":"2024-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/20240604+sx+emigracion+colectividade+arxentina.jpeg","id":"241455"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-04/241455-miranda-traslada-unha-mensaxe-permanente-cercania-e-normalidade-aos-representantes-da-colectividade-galega-na-arxentina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.