Gómez Caamaño aposta por un diálogo fluído e constante cos pacientes para optimizar o funcionamento do Sistema Sanitario Público galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro incide en que é preciso orientar a sanidade pública cara aos resultados e avoga por facer un uso eficiente dos recursos dispoñibles
- Aposta por acadar un pacto a tres bandas, entre profesionais, pacientes e colectivos sanitarios, co obxectivo de mellorar o benestar, a seguridade e a participación de profesionais e usuarios
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presidiu esta semana a súa primeira reunión co Consello Asesor de Pacientes do Servizo Galego de Saúde, unha xuntanza na que expuxo as principais liñas de actuación do departamento que dirixe de cara a optimizar os servizos asistenciais que se lle prestan á poboación galega.
Acompañado pola totalidade do equipo directivo da Consellería de Sanidade e do Servizo galego de Saúde, Gómez Caamaño incidiu en que é preciso orientar a Sanidade cara aos resultados, optimizando o emprego dos recursos dispoñibles, tanto a nivel material, como a nivel humano.
Apostou, ademais, por acadar un pacto a tres bandas e potenciar o diálogo entre profesionais, pacientes e colectivos sanitarios para acadar un sanidade de maior calidade.
No encontro, o titular de Sanidade convidou a todos os presentes a manter un diálogo constante e fluído para dar resposta aos novos retos e ás necesidade que presenta sistema sanitario público galego.
O Consello Asesor de Pacientes é o órgano de asesoramento do Servizo Galego de Saúde, e ten como finalidade mellorar a seguridade dos pacientes, familiares e coidadores, fomentando os niveis de participación, ademais de facilitarlle aos pacientes a información necesaria para a toma de decisións.