José González apela á colaboración dos actores da economía social para fortalecer un modelo baseado nas persoas e na cohesión do territorio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca a aposta da Xunta para que a economía social siga a ser unha fórmula de referencia en Galicia ao promover valores como a equidade, a xustiza, a solidariedade ou o compromiso coa sustentabilidade
  • Sinala que a Xunta de Galicia apoia esta fórmula desde tres vertentes: a planificación, o marco lexislativo e o orzamentario
  • A nova Estratexia de economía social, con horizonte 2027, aspira a atraer e reter talento, mellorar a competitividade e ao crecemento en sectores emerxentes
  • O Goberno galego traballa no deseño da nova Lei de cooperativas de Galicia para adaptala ao novo contexto socioeconómico
  • A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a investir 43,6 millóns de euros neste eido, un presuposto que creceu en 2024 nun 3%

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou  hoxe as tres vertentes coas que a Xunta de Galicia está a impulsar a economía social de Galicia e apelou á unión e á colaboración de todos os actores implicados neste ámbito para seguir a fortalecer un modelo baseado nas persoas e co que se contribúe á cohesión social e do territorio xerando un emprego inclusivo, igualitario e solidario.

No Día da Economía Social Galega, que se celebrou en Santiago de Compostela e organizou o Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal), González indicou que a economía social é un modelo que está a medrar cada día en Galicia, adquirindo un peso significativo no tecido empresarial. Lembrou que cinco de cada cen empresas ou entidades do sector privado pertencen a este modelo que pechou en 2023 cun crecemento das cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

O titular de Emprego, Comercio e Emigración, quen acudiu acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, apuntou que a Xunta de Galicia traballa para que a economía social siga a ser un modelo de referencia e, por iso, recordou que nestes intres se está a executar a segunda Estratexia de Economía Social, co horizonte 2027, coa que o Goberno galego aspira, cun orzamento de case 170 millóns de euros, a xerar máis economía social, atraendo talento, mellorando a competitividade e o crecemento en sectores emerxentes. No marco desta planificación prevese a creación de 400 novas entidades e a xeración de 4.000 empregos, posicionando este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.

Nova Lei de cooperativas

Desde o punto de vista lexislativo, González recordou que se está a deseñar a nova Lei de cooperativas para adaptala ao novo contexto socioeconómico, co fin de darlle un impulso definitivo a este modelo económico. É unha normativa que se está a elaborar a través dun proceso participativo, xa que, tal e como indicou o conselleiro, na Xunta apóstase dun xeito firme e decidido polo diálogo. Ao respecto, lembrou que como novo titular de Emprego, Comercio e Emigración iniciou un proceso de escoita activa cos principais axentes sociais e económicos galegos para escoitar as súas principais demandas e tentar desde o seu ámbito darlles unha solución.

O conselleiro, con respecto á terceira vertente de apoio á economía social, referiuse ao orzamento que está a destinar o departamento autonómico a este eido: son para 2024 máis de 43,6 millóns de euros, un investimento que creceu nun 3% con respecto a 2023 e que se artella en tres grandes eixos de actuación: a difusión da economía social, a creación e consolidación de iniciativas e a promoción do emprego inclusivo.

Ao respecto, destacou, entre as liñas de apoio á economía social, o programa Es-Transforma que sairá publicado en vindeiras datas no Diario Oficial de Galicia (DOG) con axudas máximas de ata 74.000 euros por entidade para a transformación de empresas en cooperativas ou sociedades laborais.

José González, por último, apuntou tamén á importancia de darlle visibilidade a este modelo, un aspecto que desenvolve a Xunta desde o ano 2012 a través da Rede Eusumo, da que xa forman parte un cento de entidades para fomentar o espírito emprendedor, impulsar a economía social no ámbito local e prestar apoio directo á creación e á consolidación de emprego con base na economía social.

Asemblea EspazoCoop

Previa ao acto de celebración do Día da Economía Social Galega, tivo lugar a asemblea xeral ordinaria de socias 2024 da Unión de Cooperativas Galega -EspazoCoop-, á que asistiu a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño. EspazoCoop e unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores que ten como obxectivos, entre outros, fomentar e consolidar o cooperativismo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233833 {"title":"José González apela á colaboración dos actores da economía social para fortalecer un modelo baseado nas persoas e na cohesión do territorio","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150713\/20240531+ConselleiroForoesgal.JPG","id":"233833"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233833-jose-gonzalez-apela-colaboracion-dos-actores-da-economia-social-fortalecer-modelo-baseado-nas-persoas-e-na-cohesion-do-territorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.