O director da Casa de Galicia en Madrid participou na entrega de premios, Proxección de España, organizado polo xornal El Debate
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Madrid, 1 de xuño de 2024
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na II edición da Entrega de Premios Proxección de España, organizado polo xornal El Debate.
Esta iniciativa, que chegou a comezos de 2023, é xa nunha referencia para a sociedade española. Desta maneira o medio recoñece a institucións e persoas que contribúan dunha forma relevante á proxección positiva de España no exterior.
Telefónica, o xornalista Tunku Varadarajan e á Real Academia Española, foron galardoados neste encontro celebrado no hotel Four Seasons de Madrid.
Un importante elenco de invitados, -con numerosas personalidades do mundo da política, a empresa e a sociedade madrileña-, acompañaron a estes premiados. A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, apoiaron uns premios que aspiran a consolidarse como unha referencia.
Durante a gala tamén interviñeron Alfonso Bullón de Mendoza, presidente do Debate, e Bieito Rubido, director do xornal.